Translate - Traductor

viernes, 30 de noviembre de 2012

ANTONIO MARIA DE PARGA Y PUGA.- de San Paio de Vilacoba.- Ilustres de Abegondo



ANTONIO MARIA DE PARGA Y PUGA
Abegondo.- (1780 – 1825)






No ano 2012 conmemoranse e rememórase os 200 anos da aprobación da primeira Constitución de España. A Constitución de Cádiz de 1812, coñecida como “A Pepa”.

Naquel entón, intensos avatares políticos, sociais e económicos barallábanse naquel entón en toda a península. Reinando o controvertido Fernando VII, foron moitos os galegos que dun xeito activo participaron naquelas épocas en actos e situacións de índole diversa e de relevancia; que deron pé a una nova etapa histórica que nos leva ata os nosos días.

Non é agora aquí a miña intención de relatar feitos concatenados daqueles tempos, pero sí lembrar que a partir destas datas, tómanse de referencia na memoria histórica de España, esta da que estou a comentar, como unha época trascendental e importante. Non podemos esquencer tampouco para facer unha mínima situación e evolución de feitos, a decadencia imparable no control dos territorios de ultramar, os movimentos liberales, o acoso dos franceses, ou a regulación dun novo orden legal de cara a entender a nova división territorial e administrativa de España que pronto ía a coller forma e corpo, como foron a creación de as provincias e os concellos cos seus respectivos territorios e órganos administrativos e políticos, que na súa base, na súa esencia son os vixentes hoxe en día.

Polo tanto, a Constitución de 1812 considerada como un símbolo dunha nova etapa na Historia de España, tivo parte activa, na súa elaboración un abegondés. Leva por nome ANTONIO MARIA DE PARGA Y PUGA.

Antonio María de Parga y Puga, ilustre personaxe de Abegondo, nace na parroquia de San Paio de Vilacoba o 14 de xuño de 1780. (A casa habitada e rehabilitada hoxe en día, coñécese popularmente como “A Casa Grande” de Vilacoba).

Fillo dunha familia de fidalgos das Mariñas betanceiras, tivo varias facetas onde destacou durante a súa curta vida; xa que finou ós 45 anos; concretamente o 25 de outubro de 1825, sendo soterrado na igrexa de Santiago Apóstolo da cidade de Santiago de Compostela, da cal era veciño nese momento.

Antonio María de Parga y Puga, aínda sendo natural e veciño da provincia de Betanzos, foi elexido pola de Santiago de Compostela naquel entón. Participou na comisión parlamentaria de Premios y Honores, e chegou a retirarse pronto a Galicia dados os problemas de saúde que padecía.

Dentro da súa destacada biografía é de salientar tamén a súa incorporación xa de moi novo na Real Armada como alférez de fragata. Foi voluntario na Guerra da Independencia contra os franceses e acopou altos cargos no antigo Reino de Galicia.

Como militar estivo destinado en diversas prazas da península, como Ferrol, Cádiz ou Cartaxena; así como en destinos en América (Veracruz ou La Habana).

Na guerra contra os franceses formou parte activa dentro das milicias organizadas en Betanzos. Foi condecorado en varias ocasións. Así tense constancia da “Orden Militar de Santiago”, e o seu ingreso na Real Orden de Carlos III.

Desempeñou tamén altos cargos na administración do Reino de Galicia. Rematada a sú vida de mariño de guerra, desempeñou diversos cargos, case sempre vencellados a la “Real Hacienda”. Un deles é o de “Depositario de Reales Rentas” de Betanzos, así como os de “Tesorero del Ejército” con plaza en Ceuta, e o dee “Tesorero del Ejército y Reino de Galicia”, antes da súa morte.


Texto recollido no libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas".

Portada do libro titulado
"Abegondo un curruncho das Mariñas"