Translate - Traductor

viernes, 28 de diciembre de 2012

JOSE FARIÑA FERREÑO.- Ilustres de Abegondo.

JOSE FARIÑA FERREÑO


Vencellado á parroquia de Sarandóns, concello de Abegondo (A Coruña), concretamente ó lugar de Bordel, foi un personaxe de altura na primera metade do século XX a nivel nacional. Aínda sen participar activamente na política, por mor das súas responsabilidades profesionais, sempre estivo moi preto dela. Entre outros cargos ocupou o de secretario particular de Calvo Sotelo.

Das súas responsabilidades mais importantes recoñecese a que desempeñou no Banco de Crédito Local, incorporándose a él o 31 de outrubro de 1925 coa categoría de Apoderado Xeral. O día 30 de novembro de 1938 o Consello de Administración nomeouno Director Xerente, cargo que ocupou ata o 21 de xuño de 1968, data na que se xubilou.

Durante a súa permanencia no Banco fóronlle concedidas polo Estado as condecoracións da “Encomenda con placa da Orden de Cisneros”, en 1944, “Medalla ó Mérito no Traballo, con categoría de Ouro”, en 1961 e a “Gran Cruz da Orden de Isabel La Católica” en 1968[i] .

Un bó número de ciudades e concellos recoñecérono con alguna distinción. Sen ir mais lonxe, ten adicada una rúa na cidade de A Coruña, e outra en O Grove. Polo concello de Vilagarcía de Arousa, en setembro de 1955 foi nomeado Tenente de Alcalde Honorario.

Resumo publicado no libro Abegondo un Curruncho das Mariñas de X.X. Rocha Carro.