Translate - Traductor

sábado, 1 de diciembre de 2012

PEDRO A. BARROS PEDREIRA.- Ilustres de Abegondo.

PEDRO A. BARROS PEDREIRA (a) “ANTON DO CRUCEIRO”, mestre de profesión e escritor de vocación, tal como él se definía.

Naceu no lugar do Adro, na parroquia de Abegondo no ano 1941. Por mor da súa profesión deixou Abegondo a mediados da década dos anos 50, sendo un dos seus primeiros destinos Jerez de la Frontera. A meirande parte da súa vida profesional desenvolveuna na cidade de A Coruña, acadando postos de relevancia tanto en xestión dos centros educativos como na publicación de artigos e libros no eido do ensino.

Como él xa ten manifestado percorreu “a práctica totalidade das posibilidades que o amplo abano docente primario ofrece: mestre de escolas unitarias e mixtas, de nenos, de adultos, en centros públicos e privados, xefe de departamento, secretario e xefe de estudos, clases a opositores-mestres….”

Pero nos dende aquí queremos centrarnos na súa actividade como escritor. Publicou o seu primeiro libro no ano 1985 titulado “LEMBRANZAS”. A súa primeira gran homenaxe que lle adicou á parroquia que o veu nacer: Abegondo.

Publicou obras tanto en galego coma en castelán, e ó longo da súa vida centrou boa parte das obras en Abegondo. Outro exemplo é a publicación que leva por título “CONTOS DE ABEGONDO”, editada no ano 1996. Este libro trata das 19 parroquias que forman o concello de Abegondo, e está elaborado de tal xeito que a súa estructura está basada en primeiro lugar nunha breve reseña da parroquia en cuestión; outro apartado con un conto en alusión á parroquia da que trata e un terceiro e último apartado que inclúe un ou varios poemas, curiosidades ou anécdotas e lembranzas.

Outra das obras publicadas por PEDRO A. BARROS PEDREIRA (a) “ANTON DO CRUCEIRO” é o libro que publica no ano 2004 titulado “O ABEGONDO DOS 50”.  Impresionante obra que vai describindo rueiro a rueiro, casa por casa, familia por familia, quén era quén na parroquia de Abegondo na década dos anos 50.

Morreu no mes de febreiro de 2009. Nun futuro seguiremos profundizando un pouco mais nas obras publicadas por PEDRO A. BARROS PEDREIRA, que levou sempre presente na súa vida e na súa obra literaria a terra que o veu nacer e criar: ABEGONDO.

Ven merece un respeto e unha lembranza á sua obra e ó seu sentimento que tivo por todo aquelo que viviu.

Datos recollidos no libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas"




ENLACES: