lunes, 18 de febrero de 2013

ISLA DE SALVORA / ILLA DE SALVORA.- Fotos.


ISLA DE SALVORA // ILLA DE SALVORA


Vista da Illa de Salvora


A ILLA DE SALVORA é unha das que forman o PARQUE NATURAL DAS ILLAS ATLANTICAS. Situada na Ría de Arousa, administrativamente pertenece ó Concello de Riveira.

Para poder visitala é posible por barco dende O Grove, en visita guiada e en grupos reducidos.

Peirao da Illa de Salvora



Dunha superficie que anda sobre as 190 has., hoxe en día é propiedadade do Ministerio de Medio Ambiente.

Aínda que neste momento está deshabitada, chegou a ter unha poboación de 60 persoas, que ademais de faenar no mar, adicabanse á agricultura e a gandería.

Pódese contemplar aínda a vella aldea, en total abandono neste momento, así como outra edificación na entrada do peirao, coñecida como o almacén, antigo almacén de salazón. Tamén tiña unha taberna onde se xuntaban os pescadores, que logo mais tarde convertirona nunha capela, onde nunca se oficiou culto.

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora

Aldea de Salvora


Aldea de Salvora

Aldea de Salvora



No ano 1921, os habitantes de SALVORA foron considerados como “muy humanitarios”, e catro mulleres foron condecoradas, por mor dun naufraxio sufrido por un barco correo na costa da illa, á altura do faro, onde morreron mais de 200 persoas.



Antigo almacén na Illa de Salvora

Illa de Salvora

Illa de Salvora.- O fondo Riveira.

Illa de Salvora. Antigo almacen e taberna reconvertida
en capela.












miércoles, 13 de febrero de 2013

JUAN ARMADA Y LOSADA.- Ilustres de Abegondo.- XI Marqués de Figueroa.

JUAN ARMADA Y LOSADA
MARQUES DE FIGUEROA





Juan Armada y Losada. XI Márqués de Figueroa
(Fotos de Wikipedia)




(Resúmen de lo publicado en el libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas" de X.X. Rocha Carro).


JUAN ARMADA Y LOSADA, político, escritor e XI marqués de Figueroa, fillo de Juan de Armada y Valdés e Ramona de Losada y Miranda. Naceu en Madrid o 4 de maio de 1861[i]. Doctorado en Dereito, as actividades mais salientables ó longo da súa vida foron as de político e escritor.

Na primeira delas acadou ser o máximo responsable do Partido Conservador na provincia de A Coruña, e figura representativa da política “maurista” na provincia .

Deputado en nove Cortes consecutivas desde 1891, ostentou o cargo de Vicepresidente do Congreso do 1899 ó 1901, do 1903 ó 1904 e do 1904 ó 1905, exercendo alguna vez como Presidente[ii].

Nun principio presentouse polo distrito de Pontedeume e mais tarde polo de A Coruña. Foi titular do Ministerio de Fomento[iii] en 1904, voltando de novo a encargarse dun departamento ministerial, desta vez do de Gracia y Justicia dende o 25 de xaneiro de 1907 ata o 21 de outubro de 1909[iv].

Cando ocupaba o cargo neste último Ministerio foi cando tivo que facerlle frente ós graves disturbios que houbo nos concellos da bisbarra de Betanzos [v] por mor das refregas entre o poder establecido e as sociedades de labregos que estaban a loitar, dunha parte na defensa dos seus propios intereses, e doutra incluso para facerse co control dos concellos.

Pola gravedade dos feitos, o tema chegou a ser tratado no Congreso dos Deputados e na prensa a nivel nacional[vi].

Outra etapa crítica do seu mandato nete Ministerio coincidiu coas revoltas de Cataluña que deron pé a graves enfrentamentos, coñecido o caso como a "Semana Tráxica".

Foi un dos activos políticos da época para acadar acordar e tentar levar adiante os proxectos do Ferrocarril na provincia de A Coruña.

Por outra banda é de salientar o traballo lexislativo levado a cabo por Juan Armada y Losada ó frente do Ministerio de Gracia y Justicia. Entre as normas aprobadas destacan a “Ley contra la Usura”, la “Ley de Condena Condicional”, la “Ley de Justicia Municipal” y la “Ley de Reforma Hispotecaria[vii].

Como escritor foi membro da Real Academia Española da Lingua, respondéndolle como tal ó discurso na mesma de Ramón Cabanillas. Da súa capacidade poética dou mostras tanto no idioma castelán como no galego, sendo asiduo conferenciante de temas literarios pronunciadas no Ateneo de Madrid.

Entre as súas obras destacan as recollidas en dos libros, “Del solar galaico” e “Libro de Cantigas”[viii]

(Publicado en "Abegondo un Curruncho das Mariñas" de X.X. Rocha Carro).


Morreu no Pazo de Figueroa (Abegondo) o 22 de setembro de 1932.





[i] A meirande parte dos autores reflexan o ano 1861 como o ano de cacemento, nembargantes Modesto Sánchez de los Santos en “Las Cortes Españolas: las de 1907” sinala o de 1859.
[ii] “LAS CORTES ESPAÑOLAS:LAS DE 1907”.- Modesto Sánchez de los Santos.
[iii] Por Real Orden de 18 de abril de 1900, o Ministerio de Fomento cambia a súa denominación pola de “Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas”, para logo en 1905 voltar a denominarse “Fomento”.
[iv] “COMPENDIO DE HISTORIA DE ESPAÑA”.- C. Pérez Bustamante.
[v] Especialmente en Irixoa, Coirós, Paderne e Oza dos Ríos.
[vi] Para ampliar mais datos deste feito consultar “Agrarismo y movilización campesina en el país galego (1875-1912)” e “Crónicas-3: Entre la mano negra y el nacionalismo gallego”, ámbolos dous de J.A. Durán, e prensa da cidade de Betanzos daquel tempo.
[vii] “HISTORIA DE GALICIA”.- Emilio González López.- px: 747
[viii] Gran Enciclopedia Gallega.- t. II


     

 Juan Armada y Losada (Foto de Wikipedia)                   Portada "Del Solar Galaico" - (Foto: todocolección.net)







__________________________________________________


NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------







ENLACES QUE PUEDEN INTERESAR: