viernes, 3 de mayo de 2013

SARANDONS (Abegondo).- Capela de San Xoan - Casa de Felipe II - O Convento - Igrexa parroquial de Santa Maria

SARANDONS  (Abegondo) 

No camiño Inglés de A Coruña a
Santiago de Compostela



Igrexa parroquial - Casa de Felipe II - O Convento - Capela de San Xoan
(Resúmen do publicado no libro Abegondo un Curruncho das Mariñas.



Parroquia: Santa María de Sarandóns

Concello: Abegondo

Provincia: A Coruña


A parroquia de Santa María de Sarandóns é unha das 19 que forman o término municipal do Concello de Abegondo, situada na beira mais occidental, lindando con Carral. Atravesaa o río Barcés, afluente do Mero, que desemboca no Encoro de Abegondo-Cecebre.

Por esta parroquia pasa o ramal do Camiño Inglés que vai dende a cidade de A Coruña a Santiago de Compostela. Hoxe en día podemos asegurar que a tipoloxía do asentamento urbano dos rueiros de Aquelabanda e A Calle gardan aínda certo rezume do seu imporante pasado.







CAPELA DE SAN XOAN



Vindo de Carral cara a Montouto e antes de pasar pola ponte sobre o río Barcés atopamos a Capela de San Xoan, nunha curva pronunciada á beira esquerda, no lugar de Aquelabanda.

Na fachada consta un escudo dos Moscoso, Andrade, Armada, Rioboo, Vilardefrancos e Ribadeneira, sendo o século mais relevante o XVII e de estilo predominante Renacentista




Capela de San Xoan na parroquia de Santa María de Sarandóns (Abegondo)

Procesión diante da Capela de San Xoan en Sarandós.
Publicada no libro Abegondo un curruncho das Mariñas



CASA DE FELIPE II



Situada no lugar de A Calle á beira dereita da estrada en sentido Carral-Montouto. Coñécese con esta denominación a esta edificación de planta rectangular de estilo plateresco, lembrando da presencia no século XVI do Príncipe Felipe (Felipe II cando acadou o reinado), fillo de Carlos I.

A inscripción fai referencia ó ano 1554, e suponse que foi cando fixo a viaxe á cidade de A Coruña para embarcar cara a Inglaterra a casar con María Tudor.

Do feito de pasar e hospedarse o príncipe en Sarandós, compre salientar duas cousas co gallo de tentar clarexar un pouco a circunstancia de tan importante visita. Por unha banda, por esta parroquia pasaba un ramal do Camiño Real que conducía da cidade de A Coruña a Santiago de Compostela, percorrido paralelo ó camiño que ía por Carral e Herves. Este ramal viña de Santaia de Cañás e Sergude (concello de Carral), para sair ó Hospital de Bruma, preto do Mesón do Vento, sendo unha das alternativas que había para trasladarse dende as dúas ciudades.

Doutra parte, segundo un estudio feito por Martínez Barbeito, os propietarios desta casa eran figalgos, co cal pódese suponer que tiñan certa categoría social  para naqueles tempos recibir tan importante visitante.

Fachada da "Casa de Felipe II"




Este detalle quedou reflexado, ó poder lerse no escudo esquerdo da fachada do edificio, coa seguinte inscripción:

         FE              LI
         PE              II
         ES              TU
         BO             N
         ES              TA
         CA             SA
         ANO        1554

No escudo que aparece á dereita representa ó de España, cun cáliz de Galicia.

Desta viaxe oficial que fixo o que sería posteriormente Rei Felipe II, quedou plasmada tamén noutros lugares de Galicia, como é o caso doutra casa de semellantes características á de Sarandós, que podemos atopar no lugar de Poulo, no concello de Ordes.




O CONVENTO DE SARANDONS


Pasada a "Casa de Felipe II" e antes de chegar á igrexa parroquial, atopamos outra edificación coñecida popularmente como "O Convento de Sarandóns". Ten un muro que rodea a finca que garda o edificio actual construído a principios do século XX. Esta denominación ven dada por canto no edificio anterior ó actual tivera ese carácter relixioso que séculos atrás houbo no mesmo sitio.

Convento de Sarandóns visto dende a estrada


(Ramón Villares sinala que “O Priorato de Sarandós, ó igual ca outros de Galicia, era un dos que no século XVIII aportaba ingresos a San Martiño de Pinario en Santiago de Compostela).
Na parede do muro que linda coa carretera que vai cara a Bordelle, hai un reloxo de sol.

Esta propiedade pasou de mans do clero a particulares como outras moitas cando escomenzaron as revoltas do século XIX. Por elo, no ano 1821 tramitase o expediente de desamortización na escribanía de Nicolás de Ponte e Varela para proceder á venda en pública subasta do edificio.

O Concello de Santa María de Vigo (Naquelas datas a parroquia de Sarandós pertenecía ó Concello de Santa María de Vigo, hoxe en día parroquia do Concello de Cambre), notificalle ó exPrior e outras persoas, a tramitación do devandito expediente, recoñecendo no xulgado o 28 de maio de 1822 a casa principal do mencionado Priorato.

Co establecemento da Monarquía Absoluta en 1823 e seren restituídas as cousas, o convento pasou a mans do clero, ata que chegada a Etapa Constitucional, foi cando de novo, o 20 de xaneiro de 1836, o edificio retornou a mans de particulares.

Do arquivo particular dos donos da casa, despréndese que o fundador do vínculo de Sarandós foi Gómez de Barral, rexidor de Santiago no ano 1547.


"Convento de Sarandóns" visto dende o adro da igrexa parroquial.








En Amazon formato Ebook y Libro de tapa blanda (+info)










IGREXA PARROQUIAL DE
 DE SANTA MARIA DE SARANDONS


Igrexa con planta de 3 naves separadas por arcos. Nela celébrase no cuarto domingo do mes de setembro a Romaría dos Remedios, de sona en toda a bisbarra.

O acceso ó adro pódese facer polo camiño da parte sur ou pola escaleira da parte frontal.
No medio da escalinata figura unha inscripción que lembra datos da súa construcción:

ESTA ESCALERA FUE HECHA
DE PIZARRA EL AÑO D 1852, SIENDO PARROCO
EL L.D. MANUEL PORTO REEDIFICADA Y
PASOS EN CANTERIA, EN 1897, SIENDO
PARROCO D. JOSE MALLO COSTA.

Vista da igrexa parroquial de Santa María de Sarandóns e parte do adro.



A balaustrada foi restaurada por iniciativa do crego Don José Manuel Quintáns Bardal e pola Asociación de Veciños da parroquia no ano 1990.


Escaleira de acceso ó adro e parte da balaustrada.


O mesmo pé da escalinata está a “Fonte Santa”, onde é un punto de parada dos romeiros que acuden a Sarandós no mes de setembro cando a romería da Virxen dos Remedios.

"Fonte Santa" da igrexa parroquial de Sarandóns


Parece ser que  a Igrexa de Sarandós foi antes unha pequena capela, tendo en diversas etapas varias modificacións e ampliacións, sendo a última delas no ano 1870.


FEIRA en SARANDONS.  O día 11 de xullo de 1868 celebrábase a primeira feira en Sarandóns, no lugar de A Calle, promovida polo Concello. Celebrábase frente á casa de Laureano Muñoz. (Mais información de festas, feiras e romarías, pinchar aquí).



Textos publicados no libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas", de X.X. Rocha Carro



NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------


--------

NUEVA PUBLICACION

OPOSICIONES Corporaciones Locales. Ayuntamientos y Diputaciones. Auxiliares Administrativos. Administrativos.

Guia para principiantes. Empezar de cero. 





En formato Ebook y Libro de tapa blanda en este enlace (Amazón)


Este libro pretende acercar del modo más ameno y sencillo posible, a aquellas personas que sientan al menos curiosidad por el mundo de la preparación de las oposiciones. De cualquier tipo, puesto que el modus operandi en la inmensa mayoría de ellas es muy similar.

Yo me centro en la Administración Local, los Ayuntamientos y Diputaciones que es lo que más conozco. Después de más de treinta años de experiencia en la Administración Local y con varias oposiciones en el cuerpo aprobadas y otras bastantes más a las que me presenté, he decidido poner mi grano de arena a colaborar con todas aquellas personas que estén interesadas en la tarea de preparar oposiciones a funcionario/a de la Administración Local.

Quiero participar, en colaborar para dar información lo más precisa y detallada posible, para iniciarse y dar los primeros pasos, que siempre son los más difíciles. Quiero dar información precisa, de la que mi generación carecíamos por completo cuando decidimos tomar este rumbo en nuestras vidas. No había internet y había que buscarse la vida con otras fórmulas mucho más rudimentarias. Ahora es todo mucho más sencillo y rápido, al alcance de todo el mundo, por lo que de existir algún problema en ese sentido, sea quizás el exceso de información y no saber seleccionar adecuadamente al barullo que nos vemos sometidos día a día.

Preparar una oposición es tarea ardua no exenta de disciplina, tesón, perseverancia, confianza en uno mismo; aunque cabe precisar que todo eso forma parte no sólo del mundo de las oposiciones. Lo es también ante el reto de la vida misma si queremos triunfar en cualquier otra actividad. No hay más que observar a quien está a nuestro alrededor y fijarnos en negocios, o profesionales que destacan sobre la media de los demás. Para llegar a ese punto han tenido que ser disciplinados, con mucho tesón y perseverancia y no desmayar en el intento. Pues eso mismo es el mundo de las oposiciones. No tiene mayor secreto. Si quieres cambiar algo tu vida comienza por cambiar tú mismo/a. El mundo cambia aunque tú no cambies. Nada cambia en tu vida si no cambias en tu vida. Ponle alegría, decisión y ánimo. Nada cambia si tú no cambias. No esperes a que te cambien las cosas si tú no haces lo posible porque cambien.

El mundo de las oposiciones es arte, una disciplina que requiere orden y entrenamiento, hasta demostrar la capacidad y habilidades necesarias. Es maña y astucia a la vez hasta adquirir destreza que es lo que nos lleva al éxito. Y a ese éxito quiero invitar a todas aquellas personas deseosas de conseguir lo que alguna vez han soñado.


En formato Ebook y Libro de tapa blanda  en Amazón en este enlace.



*****************************************














No hay comentarios:

Publicar un comentario