viernes, 14 de junio de 2013

O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS.- A LENDA DE PEITO BORDEL // EL TRIBUTO DE LAS CIEN DONCELLAS.- LA LEYENDA DE PEITO BORDEL

O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS.
 A LENDA DE PEITO BORDEL

 //

EL TRIBUTO DE LAS CIEN DONCELLAS.-
LA LEYENDA DE PEITO BORDEL


Fachada das "Torres de Bordel"


A LENDA DE PEITO BORDEL

Esta lenda remóntase a época cando os árabes dominaban a Península, os cales, según conta, impuxeron á poboación un tributo, consistente en pagar cun certo número de mulleres cada ano.

Afirmase que as TORRES DE BORDEL era un dos lugares en que eran retidas agardando a embarcalas cara a Córdoba dende o porto fluvial de Betanzos daquela época.

A batalla para liberar ás doncelas de tan inxusta situación, según consta en “Historia de la Ciudad de Betanzos” de Martínez Santiso ven fundamentada nun escrito en galego antigo que según él corresponde a don Servando, bispo de Ourense e historiador do século VIII.

Os sucesos parece ser que tiveron lugar no ano 791 “a dos leguas de la Coruña y una de Betanzos, junto al río de Sarandones”, referíndose á toma e saqueo da TORRE DE BORDEL.

Os irmáns FIGUEROA foron os que encabezaron a liorta en contra dos mouros. Na refrega que houbo "300 mouros mortos preto da mesma torre, doncellas rescatadas un total de 30, sendo 40 infanzones (homes ricos) os que acompañaron ós Figueroa na batalla".

(Extracto do publicado no libro "Abegondo un curruncho das Mariñas" de X. X. Rocha Carro)



Patio interior das Torres de Bordel


Representación teatral do ano 2008


O tributo repartíase entre tódolos pobos que formaban a monarquía galaico-asturiana, correspondéndolle a Betanzos satisfacelo con seis doncellas ó ano, tres do estado noble e tres do pobo.


Situación de Bordel  (término municipal de Abegondo)



Bordel é un núcleo de poboación que pertenece á parroquia de Sarandós (concello de Abegondo). Situado nunha ladeira soleada que mira ó Monte Xalo, ós pes do río Barcés.


Inscripción que figura nunha vivenda de Bordel.


En setembro do ano 2008 o Concello de Abegondo quixo rememorar cun acto cultural estos feitos históricos, organizando unha representación teatral.

Nela participaron ademais dos mestres da escola teatro, numerosos veciñ@s do lugar de Bordel que deron vida ós personaxes da época, conseguindo ceibar ás mozas que estaban présas polos mouros na torre.




Representación teatral do ano 2008


Representación teatral do ano 2008.


Esta rememoración foi interpretada unha vez mais ó ano seguinte, ano 2009, sin que volvera a potenciarse este tipo de actividades.



Representación teatral do ano 2008.







Grupo de participantes.

Secuencia da obra teatral



Representación teatral do ano 2008.



O final da representación pasouse á festa gastronómica.





NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------








Enlace que lle pode interesar:














jueves, 6 de junio de 2013

Romería de SAN XOAN DA ROSA (Bendrade - OZA DOS RIOS).- Tradicións en Galicia.

ROMARIA DE SAN XOAN DA ROSA
(Oza dos Ríos)

Tradicional Romaría por San Xoan


Localización

Lugar: Bendrade
Parroquia: Cuiña
Concello: Oza-Cesuras    (anteriormente Oza dos Ríos)
Provincia: A Coruña



SAN XOAN DA ROSA

No lugar de Bendrade da parroquia de Cuiña, do concello coruñés de Oza-Cesuras, atópase unha pequena capela donde se celebra unha concurrida romaría no mes de xuño. E coñecida co nome de SAN XOAN DA ROSA.

Abrese ó culto específicamente para esta romaría que se celebra polo San Xoán. Os seus pes hai unha fonte, á cal atribúise propiedades curativas na pel, en especial da rosácea

Os romeiros achéganse á fonte a lavar a cara con panos que logo deixan colgados nas ramas dos árbores ó carón da fonte, tal e como manda a tradición.

Na zona da Costa da Morte hai unha celebración de caracteristicas moi semellantes a esta de San Xoan da Rosa.




Capela de San Xoan da Rosa (Bendrade - Oza dos Ríos)

Capela de San Xoan da Rösa (Bendrade - Oza dos Ríos)



Panos brancos que os romeiros deixan ó carón da fonte de San Xoan da Rosa
(Bendrade - Oza dos Ríos)


VIDEO.- Vista aérea de Oza-Cesuras.








Os panos que deixan os romeiros quedan durante todo o ano ó carón da fonte.
(San Xoan da Rosa (Bendrade - Oza dos Ríos)



Panos brancos que os romeiros deixan ó carón da fonte de San Xoan da Rosa
(Bendrade - Oza dos Ríos)



Capela de San Xoan da Rosa (Bendrade - Oza dos Ríos)



Panos brancos que os romeiros deixan ó carón da fonte de San Xoan da Rosa
(Bendrade - Oza dos Ríos)



Fonte de San Xoan da Rosa (Bendrade - Oza dos Ríos)



Vista da Capela de San Xoan da Rosa dende a fonte.



Panos que deixan os romeiros xunto a fonte de San Xoan da Rosa



Panos que deixan os romeiros xunto a fonte de San Xoan da Rosa



Fonte de San Xoan da Rosa (Bendrade - Oza dos Ríos)





Artículo publicado no xornal LA OPINION de A Coruña o domingo 19 de xuño de 2016 referido á romaría de San Xoan da Rosa.  Acceder pinchando AQUI





NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------











OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:


O MOSTEIRO DE CIS (OZA DOS RIOS)


SANATORIO DE CESURAS


"O ABEGONDO DOS ANOS 50"

O PROXECTO DO FERROCARRIL POR ABEGONDO NO SECULO XIX

"OS CRUCEIROS BONITOS" - O CRUCEIRO DE ABEGONDO.- (Peza única en Galicia)

ORQUESTRAS POPULARES DE AS MARIÑAS (Resúmen del libro)

Libro: "ABEGONDO UN CURRUNCHO DAS MARIÑAS"

A FORMACION E CONSTITUCION DOS CONCELLOS DE OZA DOS RIOS E CESURAS NO SECULO XIX