martes, 24 de septiembre de 2013

JESUS CALVIÑO DE CASTRO.- Ilustres de Abegondo.- Poeta e escritor.

JESUS CALVIÑO DE CASTRO
Ilustres de Abegondo.- Poeta e escritor.



Datos biográficos publicados no libro "Abegondo un Curruncho das Mariñas".




JESUS GABRIEL CALVIÑO DE CASTRO, naceu na parroquia de Abegondo o 26 de xaneiro de 1893 nunha casa preto da igrexa parroquial, á beira do camino que conduce cara a Calvelos e á parroquia de Cabanas, no concello coruñés de Abegondo.

Fillo dunha familia acomodada tivo como única irmán, mais nova ca él, chamada Amalia que exerceu de mestra de nenas de Abegondo ata a súa xubilación.

Os proxenitores de Jesús Calviño de Castro tamén exercían a profesión de Mestres en distintos lugares. O pai, na parroquia de Leiro e a súa dona Maria de Castro, na de nenas de Abegondo. Os avós paternos de Jesus foron Manuel Calviño, natural de Crendes e María Sanjurjo da parroquia veciña de San Miguel de Figueroa. Por liña materna Ambrosio de Castro, nacera en Ferrol, militar de profesión estivo destinado en Cuba onde sufriu as loitas que o exército español librou naqueles anos nas Antillas. A súa dona, Benito Paseiro era natural de A Coruña.

De moi neno Jesús viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga) ó ser o seu pai o apoderado desa ilustre familia. De volta para a casa de Abegondo, Jesus escomenza a ser un rapazote coma outro calquera da súa edade pero con un temperamento inquedo. O pai pola contra era un home traballador, serio, esixente e rigoroso coa educación do seu fillo.

A Jesus afloroulle axiña o seu carácter inquedo que para un rapaz da súa edade naqueles tempos se consideraba normal. Con 14 anos en vez de seguir estudiando como era o desexo do pai, escomenza a traballar onde malamente pode, onde ás veces era mais troulear que outra cousa. Chegan momentos de tira e afloxa entre pai e fillo, onde por veces as relación chegaron a ser moi tirantes. Diante deste panorama, Jesús, lonxe de doblegar ós desexos do pai, está a formar a idea librar do servicio militar, pedíndolle que mediara no asunto e que fixera todo o posible por líbralo dese compromiso obrigatorio para os mozos daquela época; nun momento en que España estaba sumida en guerras tanto en Cuba como en Filipinas en que logo xa empezarían tamén as revoltas no norte de Africa[1].

Pasan os meses e ó ver que non tiña garantías suficientes como para librar do servicio militar obrigatorio, pouco a pouco vai tomando forma unha das decisións mais importantes da súa vida que van a marcalo definitivamente ó longo do tempo.

Contactou con xente da súa confianza e acadou cartos precisos para mercar pasaxe para embarcar cara a terras de América, tan común e frecuente naquelas datas. Quería un lugar onde poidera atopar unha liberdade que naquel entón pensaba que xa non podía disfrutar en Abegondo. E así como escomenza unha nova etapa na súa vida ó emigrar decididamente a Arxentina.

Lonxe da súa terra, esquencidono tempo, é onde saca sona de xornalista e escritor. Para a meirande parte dos seus vecinos no concello, agás da súa familia e uns poucos escollidos, que por razón de destino tocoulles vivir naquel país con él, pasou a vida e a súa obra totalmente desapercibida, como un emigrante mais.

Jesus Calviño de Castro escomenzou a amosar a súa sensbilidade artística nas primerias cartas que lle manda á familia, ó pouco de chegar a Arxentina. Nunha delas, en xuño de 1913, (polo que se desprende que tiña 20 anos naquel momento), despídese vertendo fortes sentimentos pola súa terra e polo seu fogar. Decía así:

         Xa estades na Primavera
         Tempos que eu gocei algún día,
         Oxe estoume lonxe de eles
         Con que gusto eu os vería.
         E por velos eu daría
         Os aires eses, da terra,
         Ese fogar esas prantas
         E a xente que vive en ela
         Daríalle a miña Alma
         A quen trocalo quixera
         Os que estades aínda alá
         Xa estades na Primavera


Andrés Beade Dopico[2] resúme en palabras do xornalista Fernández Valle a Jesus Calviño de Castro como “un poeta de gran sensibilidad, periodista, buen narrador, director del periódico Galicia, cofundador de una revista literaria de la letra de canciones y guiones para la radio y la televisión…”.




Os poemas de Jesus Calviño de Castro recolléronse nunlibro titulado “Hojas Dispersas”, publicado en Buenos Aires no ano 1943. Nel pódense atopar poemas adicados á su aterra, notándoselle a morriña que sinte por ela. Undos primeiros desta colección, titulado “Remordimiento” lembra o día que se despediu da súa nai:


Remordimiento
Por ser vieja costumbre, cuando la despedía
la he besado en la frente;
pero, nunca como ese día
la besé tan apasionadamente.
(La siguiente mañana
muy lejos estaría
de mi tierra aldeana).
Y aquella tarde, sin sospechar, me dijo
mientras su frente maternal besaba:
¿Vas a muy lejos, hijo?
-A San Tirso, a visitar al tío-.
¿Vendrás pronto, hijo mío?
-Pronto, dije resuelto-
Y... ¡Dios Santo!
Desde entonces, no he vuelto
para calmar su llanto.

Da longa restra de poemas do libro “Hojas Dispersas”, amosa no titulado “Dolor de España” os sentimentos que lle afloran ó ver a España en guerra. Esa obra recibiu louvanzas de diversos críticos e personaxes das letras residentes nos países de Sudamérica. Así, Angel Ossorio no ano 1943 comentaba: “No extrañará usted que, de todo su libro, haya destacado para mi estimación y mi aplauso el poema “Dolor de España”, no sólo porque ratifica brillantemente sus dotes literarias sino porque representa un sentimiento común. Si lo españoles no pensáramos lo mismo que usted piensa en ese trabajo, aunque no sepamos decirlo de igual manera, ¿para qué estaríamos en este mundo?[3]  Este poema foi levado ó pentagrama, para recital sinfónico polo compositor español Francisco Gil Sáenz no ano 1937[4].

Dolor de España

I

ALLENDE del Atlante,
mi tierra generosa
lo mismo que una diosa
de esplendente hermosura deslumbrante,
enlutada, parece aún más hermosa.
Es mi España gloriosa,
que a pesar de su angustia emocionante
posee un corazón de amor henchido,
que no desmaya ni el menor instante
y en generoso impulso palpitante
quiere que el orbe escuche su latido.
Esta, es la España donde yo he nacido,
ejemplo excepcional de Madre amante.
¡España!... ¡MADRE TIERRA!
En el mar, en el cielo,
en el valle, en la sierra
y en todos los rincones de tu suelo
ayer llenos de paz y de armonía,
hoy son campos de horror, tragedia, guerra,
que desangra tus venas, Patria mía.
¿Por qué, implacable, Marte, te macera
con tan sangrienta saña?
¿Acaso, ayer, un hijo tuyo, no era
como lo es hoy, tan hijo tuyo, España?
El alma más tranquila
y el corazón más fuerte
se conmueven, al verte
con la pesada Cruz que te aniquila.
Y como la mirada ya no alcanza
nada más que a contemplar despojos,
con las lágrimas que acuden a los ojos
se va ahogando la última esperanza.
¡España!... ¡Tierra Madre!... ¡Señora del Amor!
¡El corazón comparte con dolor, tu Dolor!

II

ALGUNOS de tus hijos, que hasta el mismo Caín
se avergonzara de ellos por su instinto ruin
y su alma pervertida.
Vergonzante ralea,
que se encharca de sangre, por el perverso fin
de no dejar ni huellas de la racial idea,
patrimonio que honra a los hombres de cuño
hispano, que yerguen, desafiantes, el puño
de su mano crispada, nerviosa, encallecida,
mano que hace expresivos, nobleza y sentimiento,
mano que, honradamente, ha ganado el sustento
hasta el Hoy, que defiende su libertad, la vida.
Y mientras más se ahonda la herida que te aqueja,
el mundo te contempla impasible y te deja
a tu propio destino y a su suerte sujeta,
tan impasiblemente te deja, tan de veras,
que para el mundo, España, sólo parece, fueras
el inútil pedazo de un estéril planeta.

III

EVIDENCIA absoluta
de un azote, que apura
una extraña locura,
que a un pueblo noble y soberano enluta.
La fraternal cordura
que, invariable, propicia la ventura
que todo humano ser goza y disfruta
cuando no existen torpes desaciertos,
hoy se trocó en precisa
y macabra divisa:
¡Matar!... ¡Matar sin compasión!
En los desiertos
campos, tan sólo por cadáveres cubiertos,
como ironía, floreció una risa:
¡La helada risa de un millón de muertos!!!

IV

EL alma más tranquila
y el corazón que nunca sintió nada
se conmueven, al verla ensangrentada
como la pesada Cruz, que la aniquila.
Pero mi pobre España, no vacila
ni el más mínimo instante
en seguir adelante
para ofrendar su sangre generosa, ,
porque el buen español, sabe una cosa:
Que pese al siglo endémico y grotesco,
cuando una España indómita agoniza,
otra España, cual Fénix gigantesco,
sabe surgir del fuego más dantesco
de la esencia de su hispánica ceniza!

O cruceiro de Abegondo, coñecido como "Os Cruceiros Bonitos" tamén foi lembrado nos seus versos. En 1947 editou outro libro mais de poemas titulado “Bordón Peregrino”. Adica nel poemas a galegos que conviviron con él en Arxentina, entre eles, Manuel Castro López, Alfonso R. Castelao, Antonio Zapata García, o betanceiro Manuel Roel, Maruja Boga, Samuel Mallo López, Avelino Díaz, etc… Nas páxinas que rematan a obra recóllense diversas testemuñas de louvanzas de personaxes vencellados ó mundo das letras dirixidas ós poemas recollidos en “Hojas Dispersas”, así como xornais e revistas literarias tanto en Arxentina como no Uruguay.





Aqui un pequeno vídeo que amosa "Os Cruceiros Bonitos" lembrado nos versos de Jesús Calviño de Castro.





Jesus Calviño de Castro casou una Arxentina o 14 de xullo de 1953 con Ercilia Quiroga Salinas, sen chegar a ter descendencia. A norte sorprendeuno nos anos da década dos setenta na capital arxentina. Por casualidades da vida, o crego encargado de oficiar a misa no seu enterro fora un crego, de nome Eusebio, o cal anos atrás exercera na parroquia de Abegondo.


----------------------------------------


NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------



------------------------------


NUEVA PUBLICACION

OPOSICIONES Corporaciones Locales. Ayuntamientos y Diputaciones. Auxiliares Administrativos. Administrativos.

Guia para principiantes. Empezar de cero. 





En formato Ebook y Libro de tapa blanda en este enlace (Amazón)


Este libro pretende acercar del modo más ameno y sencillo posible, a aquellas personas que sientan al menos curiosidad por el mundo de la preparación de las oposiciones. De cualquier tipo, puesto que el modus operandi en la inmensa mayoría de ellas es muy similar.

Yo me centro en la Administración Local, los Ayuntamientos y Diputaciones que es lo que más conozco. Después de más de treinta años de experiencia en la Administración Local y con varias oposiciones en el cuerpo aprobadas y otras bastantes más a las que me presenté, he decidido poner mi grano de arena a colaborar con todas aquellas personas que estén interesadas en la tarea de preparar oposiciones a funcionario/a de la Administración Local.

Quiero participar, en colaborar para dar información lo más precisa y detallada posible, para iniciarse y dar los primeros pasos, que siempre son los más difíciles. Quiero dar información precisa, de la que mi generación carecíamos por completo cuando decidimos tomar este rumbo en nuestras vidas. No había internet y había que buscarse la vida con otras fórmulas mucho más rudimentarias. Ahora es todo mucho más sencillo y rápido, al alcance de todo el mundo, por lo que de existir algún problema en ese sentido, sea quizás el exceso de información y no saber seleccionar adecuadamente al barullo que nos vemos sometidos día a día.

Preparar una oposición es tarea ardua no exenta de disciplina, tesón, perseverancia, confianza en uno mismo; aunque cabe precisar que todo eso forma parte no sólo del mundo de las oposiciones. Lo es también ante el reto de la vida misma si queremos triunfar en cualquier otra actividad. No hay más que observar a quien está a nuestro alrededor y fijarnos en negocios, o profesionales que destacan sobre la media de los demás. Para llegar a ese punto han tenido que ser disciplinados, con mucho tesón y perseverancia y no desmayar en el intento. Pues eso mismo es el mundo de las oposiciones. No tiene mayor secreto. Si quieres cambiar algo tu vida comienza por cambiar tú mismo/a. El mundo cambia aunque tú no cambies. Nada cambia en tu vida si no cambias en tu vida. Ponle alegría, decisión y ánimo. Nada cambia si tú no cambias. No esperes a que te cambien las cosas si tú no haces lo posible porque cambien.

El mundo de las oposiciones es arte, una disciplina que requiere orden y entrenamiento, hasta demostrar la capacidad y habilidades necesarias. Es maña y astucia a la vez hasta adquirir destreza que es lo que nos lleva al éxito. Y a ese éxito quiero invitar a todas aquellas personas deseosas de conseguir lo que alguna vez han soñado.


En formato Ebook y Libro de tapa blanda  en Amazón en este enlace.



*****************************************








Enlaces que lle poden interesar:









[1] O pai era un home de certas influencias no Concello, que ademais de exercer a profesión de mestre, fora anos atrás secretario do Concello. Naqueles tempos podía librarse de facer o servicio militar, e polo tanto de ir á guerra, pagando 1.500 pesetas ou 2.000 para o caso de que o destino foran os territorios de Ultramar.
[2] Foi Delegado de Cultura do Concello de Betanzos e presidente do Centro Betanzos en Buenos Aires, vicepresidente do Instituto Arxentino de Cultura Galega e director do xornal “Galicia” en Buenos Aires. Publicou no Anuario BrigantinoAnuario Brigantino número 7 do ano 1984 unartigo adicadoa Jesus Calviño de Castro.
[3] Comentario recollido no libro publicado por Jesus Calviño de Castro titulado “Bordón Peregrino”.
[4] “Hojas Dispersas”, px. 106

No hay comentarios:

Publicar un comentario