jueves, 8 de mayo de 2014

FERVENZA DE SAN XUSTO (LOUSAME)

FERVENZA DE SAN XUSTO (LOUSAME)


Fervenza de San Xusto (Lousame)

Localización:

Parroquia: San Xusto de Toxosoutos
Concello: Lousame
Provincia: A Coruña


Esta fervenza está formada no curso do río San Xusto por terras da parroquia de San Xusto de Toxosoutos, no concello coruñés de Lousame. De facil acceso por canto que está preto da estrada AC-543 de Santiago de Compostela a Noia, a poucos metros do linde entre os concellos de Lousame e Noia.

Vistas da zona dende a estrada AC-543.

Desde a estrada baixa un camiño empedrado cara o Mosteiro de Toxosoutos, onde atopamos este espectacular sitio natural con importantes vestixios arquitectónicos, ademais da espectacularidade coa que nos soprende este recuncho que forma o río San Xusto.

Co primeiro co que nos atopamos é a Igrexa parroquial, antigo Mosteiro de Toxosoutos, a Casa Rectoral, os muiños (en estado de abandono) e unhas dependencias habilitadas con fins hosteleiros na actualidade.


IGREXA DE SAN XUSTO DE TOXOSOUTOS
Igrexa de San Xusto de Toxosoutos










































RIO SAN XUSTO AO CARON DA IGREXA DE SAN XUSTO DE TOXOSOUTOS

Aquí unha mostra do espectáculo natural co quenos atopamos ao chegar a altura da Igrexa de San Xusto de Toxosoutos.






























MUIÑOS E PALOMAR:

Ainda quedan restos da importancia que tivo no seu tempo o antigo Mosteiro de San Xusto, como son os muiños e o palomar, este último ao outro lado do río, que hoxe en día accedese por unha pasarela de madeira perfectamente acondicionada.


Interior dun dos muiños ao carón do río San Xusto.
Muiño.

Camiño de acceso ao palomar.
Palomar


Porta de acceso ao palomar


Interior do palomar





FERVENZA DE SAN XUSTO

Seguindo augas arriba do río, pola marxe esquerda hai un sendeiro que nos leva ao carón mesmo da fervenza, logo de cruzar por medio dunha pasarela de madeirao río. Aquí podemos contemplar o salto de 6 metros da fervenza do río San Xusto, na parroquia de Toxosoutos do concello de Lousame. Todo un espectáculo natural.


Visión que nos ofrece o río, camiño da fervenza.













Fervenza de San Xusto










NOVA PUBLICACION



A loita guerrilleira contra o réxime de Franco tivo como punto de actuación destacado a comarca de Betanzos. En canto á súa organización, na que o Partido Comunista xoga un destacado papel, Abegondo foi un dos puntos en donde se inician os primeiros contacto entre os principais dirixentes. 

Un período convulso este da postguerra civil do 36. Na publicación "A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos" faise un percorrido de feitos históricos que marcaron a toda unha xeneración. Un relativo cronolóxico desde aqueles primeiros días en que chegan noticias da sublevación de parte do exército no Norte de África ata momentos de máxima tensión que aconteceron no territorio.




A publicación contén datos en cómo se desevolven os primeiros contactos para conformar as partidas organizadas que sexan capaces de desestabilizar ao sistema, as acción mais salientables (morte do crego de Viós, atentado contra a Garda Civil en San Tirso de Mabegondo ou o incendio da Casa do Concello de Abegondo). 

Un recopilatorio en definitiva que nos adentra a aqueles anos da década dos 40 do século XX como foi a loita guerrilleira nas aldeas e pobos da comarca de Betanzos e con maior incidencia no concello de Abegondo.

Video: 



En Amazón:   Disponible en formato Ebook e Libro de tapa blanda


A loita guerrilleira contra o réxime de Franco en Abegondo e comarca de Betanzos en AMAZON (+info)





-----------------------------------------------------------------------------------