domingo, 7 de septiembre de 2014

CONVENIO CO PAISANO ESTE QUE FALA A MAZO

CONVENIO CO PAISANO ESTE QUE FALA A MAZO, PERO ESO SÍ, NAMAIS QUE CANDO SE PON.




Para obtener información del LIBRO









UN HOME PRECAVIDO.- Comenta o paisano este que fala a mazo, pero namais que cando se pon, que él disque cando ten que adoptar unha postura en concreto, sempre tira antes do Kamasutra.

P.D. E así se lle van pasando os días como se nada.



-------------------------



VIAXES.- ANO NOVO, VIDA NOVA.- Xa comentou o elemento este que él para o ano novo vai dedicarse a viaxar mais. En concreto ás Canarias e a Portugal. Disque é para evardirse dos problemas unha hora antes.
-----------------------






--------------------------


ANALISIS POLITICO do paisano este que as veces fala a mazo: Disque tal como se está poñendo o panorama, para as vindeiras eleccións municipais poden darse casos de verdadeiras alianzas de civilizacións; e quedarse todos eles tan panchos como se nada, tal cual se foran o propio paisano este que ás veces fala mazo, cando se lle dá por arrimarse á barra da taberna para meterlle uns grolos.




                                                       











*********************************



Pois si, efectivamente, o paisano este que ás veces fala a mazo, ten días que anda entre Pinto e Valdemoro.

















Andalle na cabeza estos días ao paisano este que ás veces fala a mazo, disque qué sería primeiro, ás hipotecas ou as corrientes de aire ??

P. D. De súpeto suspirou e todo.









ANALISTA POLITICO.- As veces o paisano este que ás veces fala a mazo, convertido en analista político, ten comentado que disque a politica é unha desas actividades nas que calquer mamalón metido nela, é capaz de intentar desacreditar a calquera de xeito gratuito.



**********************************

O paisano este que ás veces fala a mazo disque coñeceu a moitas persoas esdrújulas. Unha delas era tanto tanto, que ata acentuaba as comas ao falar.

14/11/2014











*************************************



O paisano este que ás veces fala a mazo, pero namais que cando se pon, coñeceu a outro paisano que eran desafortunado que cando tiña caspa, tiñaa ata nos sobacos.

12/11/2014









************************************************

Disque moito cambiou o mundo según as apreciacións do paisano este que fala a mazo. Onte foi o San Martiño, e non pasou nada!!!

12/11/2014


************************************




Facendo de comentarista político o outro día o paisano este que ás veces fala a mazo, estaba así arrimado contra a barra da taberna e comentou que a él dalle a sensación que os partidos políticos están como astronautas. Andan buscando o espacio.

15/11/2014







********************************************************


Xa ten comentado mais dunha vez o paisano este que ás veces fala a mazo que disque en Galicia aos porcos tratámolos como reis. Con corte e todo.













***************************

Nun arrebato de razonamento, o paisano este que ás veces fala a mazo, xa comentou que a maneira de ter unha boa rebaixa no IBI ou incluso escaquearte, é construíndo un embalse ou montando unha central hidroeléctrica.

29/10/2014

*****************************************

EFECTO INVERNADOIRO

Comenta o paisano este que ás veces fala a mazo, que disque a pesar de estar en outono e encarar o inverno, en España confirmase que persistirán as grandes presións. Non se esperan grandes descensos términos.

29/10/2014


***************************

Xa ten comentado o paisano este que ás veces fala a mazo, que él non entende como non se fomenta mais a apertura de sucursales dos Bancos de Suiza aquí, xa que así as cousas quedaban mais á man para todo o mundo.

28/10/2014


**********************************






OLLO !!!
Parece ser que hai nada o Face acaba de comunicarlle ao paisano este que ás veces fala a mazo, que disque consultadas as múltiples bases de datos que teñen, o personaxe público que mais se parece a él, disque é Fernando Esteso cantado "Ramona".

   27/10/2014










**************************************
Comentou o paisano este que ás veces fala a mazo, pero namais que cando se pon, que disque é unha boa oportunidade estos días de perderlle o careto aos da CASPA,non resintonizando as TVs.

P.D.  E nada, quedouse tan tranquilo como Amancio, e sin coleos nin nada.

26/10/2014








******************************************


Xa ten comentado algunha vez o paisano este que fala a mazo que calquera día aos negros váiselles dar por ter como esclavos aos blanco, e daquela despois xa imos vendo.....


25/10/2014








******************************

DISQUE ESTÁ COMO OS BANCOS

O paisano este disque está dende hai moito tempo como os Bancos. Non dá crédito.



****************************************************
VOS TRANQUILOS.
Anos 2013, 2014 e sgtes....












**************************************


JALEO
Xa leva comentado por varias veces o paisano este que ás veces fala a mazo, que disque o tipo que aparece na foto gústalle o jaleo que é moito. Parece ser que tanto lle encanta que está cada dous por tres nel.









***************************************


BERREA
Hai nada que comentou o paisano este que ás veces fala a mazo, que disque como estamos no tempo da berrea, que por favor, berredes o mais baixiño posible.

23/09/2014


*************************************

ATOPARSE CON UN MELON


Xa ten comentado mais dunha vez o paisano este que ás veces fala a mazo, que cando menos o esperas, encontranste con un melón no sitio mais pintado.









***************************************************


CALAMBRES NAS VERZAS

Comentou hoxe a primeiriña hora da mañán o paisano este, meténdolle un grolo, que hai que ter moito coidado coas verzas na horta, non vaian dar unha descarga eléctrica dada a cantidade de farolas que hai postas ultimamente por esos lares.

P.D. "I pronto". Quedouse tan pancho como se nada.


********************************************
COMERSE UNHA ROSCA



Aínda non hai moito que arrimado así como de medio lado contra o mostrador nun día que non tiña moito apuro, o home este que ás veces fala a mazo, dixo que disque lle gustaría saber de alguén que "nunca se comera unha rosca".



P. D.  E como case sempre quedouse tan pancho como se nada.       17/09/2014


******************************************


ANGULO RECTO
Disque tal como están as cousas e logo de rebuscar e rebuscar, a cousa mais parecida que encontrou ao ángulo recto é esto...

13/09/2014


********************************



MORDIDA.
Comentou o paisano este que ás veces fala a mazo que así, a simple vista esto si que é unha boa mordida. Así a ollo disque parece mais do 3%

11/09/2014




*******************************************************






CONVENIO

RE-FLEXIONS DO PAISANO ESTE QUE FALA A MAZO en “Currunchos de Galicia”.

Pois sí, acabo de chegar a un pacto  con este paisano. Hai uns días o paisano este que algúns xa coñecedes e que ás veces fala mazo, pero namais que cando se pon; conveniamos que polo menos algunha que outra, cando se lle da por largar algunhas que outras das súas re-flexións, pois que poidan sair publicadas por este medio; mais que nada porque a él disque lle fai moita ilusión verse na televisión.
E eu, que tamén de cando vez non son nada reparado, pois pareceume moi pavera a suxerencia; porque á vista do que hai nas outras tampouco desmerece tanto o paisano este do pirulo na boina, ou??

Osea que eso. O paisano este que fala a mazo, agora tamén de blogueiro. Manda moito nabo !!

P.D. Teño que comentar que namais puxo unha condición. Disque quere que a letra sexa ben grande, para que se lea ben, tanto para aqueles que non ven de forma axeitada e tamén para tod@s aquel@s que non queren ver.

******************************************



Comentou hai nada o paisano este , disque mais que nada para que non haxa malos entendidos, que él o feito de que saia de cando en vez neste blog, é namais que para dar unhas pinceladas de nada.

P.D. E marchou tan pancho coma se nada....

09/09/2014


******************************************
Estas son algunhas das xoias que nos ten deixado o paisano este que ás veces fala a mazo:






SILVEIRAS. 

Según o paisano este que ás veces fala a mazo; disque él se algún día lle ten que explicar a algún que non sexa galego o que é unha silveira, disque mais ou menos sería deste xeito:

"Dicese del seto natural que crece de forma anárquica frecuentemente en terrenos incultos, a base de zarzas, zarzamoras, helechos y similares.


De gran profusión en caso de no adoptar medidas contundentes semeja en zonas que proliferan una imagen de abandono.


Parapeto que es usado con frecuencia por personajes de diverso pelaje para esconderse, apostandose detrás de ellas a la espera de salir en momento propicio y en beneficio de sus propios intereses.


También es.usado por aquellos que de forma atolondrada y sin ningún tipo de precauciones se dedican sin ton ni son a avanzar sobre ellas sin rumbo ni dirección conocida."


(Esto foi aló polo remate de agosto de 2014)

























**********************

VERAN SOLEADO

Tamén chegou á asegurar comentando que disque "Podemos asegurar que estos días en Galicia temos sol por un tubo"
E vai e manda esto...!!!


30/08/2014



**************************************

Outra das súas reflexións con moito fondo. Tanto, tanto, que xa casi nin se vé....

Dicía así:  "Comenta o paisano este que ás veces fala a mazo, que efectivamente, fai moita falta dunha melloría absoluta".

31/08/2014


***************************************************

BROTES VERDES.
Así ve o noso amigo os brotes verdes. 
(Tamén no mes de agosto, ..., para que despois digan os que non son de Galicia, que aquí nunca chove !!)




******************************************




ATRACOS

Comentaba pola mañan cedo o paisano este que ás veces fala a mazo, metendolle un grolo, que él se tivera mando buscaría solucións a tanto atraco.

Para empezar á víctima do atraco aprobaría unha lei para que se lle dera unha comisión mínima do 20%, e que o atracador tivera que ingresar o 40% en Hacienda. Porque claro, tal como é a cousa agora o negocio é redondo. Así é atracador calquera.
P. D. E quedouse tan pancho como se nada.

30/08/2014

**********************************************




MANDA MOITO NABO
Como esto non cambie, aquí vai mandar moito nabo.
Así meditaba este home o 29/08/2014


















***************************************

Esto foi o típico desbarre de fin de semana do paisano este cando non ten mellor cousa que facer.
Ao final mandou esta ....

PRIMICIA.- Así quedó una coca cola despues de sumarse a la simpática iniciativa de echarse hielo por la cabeza.
Unos amables amigos nos hacen llegar estas, las cuales muestran justo el instante en el que hace contacto con la coca cola.
Parece ser que los nominados son un sprite y una fanta de limón, de las que se dicen son muy colegas, aunque no han trascendido más datos.

Un red bull que pasaba por allí no daba crédito a tanta chispa de la vida.







*************************************************



LISTAS ABERTAS
Hai nada que comentou o paisano este que ás veces fala a mazo que disque no caso de que houbera listas abertas, quen levaria algún que outro boleto son os do Combo Dominicano.

27/08/2014


***********************************
Xa comentou o paisano este que, disque tal como están as cousas, aquí cada un vai ter que aguantar da súa vela.
El disque xa ten a súa.







****************************

Aínda non hai moito comentou o paisano este que ás veces fala a mazo, namais que cando se pon, que esto disque é unha auténtica polla. Vamos que "es la polla".





****************************
CENICERO ANTI-CRISIS


O outro día o paisano este atopou este cenicero. Disque é "anti-crisis".








***************************
 O PAISANO ESTE TOMANDO MEDIDAS 


Disque para que non haxa sorpresas, o paisano este que fala a mazo, xa dixo que él está tomando medidas.
Claro está que á súa maneira.



**********************************




******************************
E esto é un sin parar.....


************************************************


08/09/2014

Comentou o paisano este que se tí estás convencido de que tes unha boa empanada, non sabes moi ben o que dis. Para empanada a de Carral, que para eso, tal día como o de hoxe fan a Festa da Empanada.

E se non che parece moito plan todo esto, non te preocupes, aquí tes o Xeral de Abegondo, cos planos das parroquias. De toditas !!!  (pinchando aqui).






**********************************

AO MELLOR ESTO TAMÉN LLE PODE INTERESAR (pinchando enriba do enlace, así coma quén non quere a cousa...)

O Carallo 29

Coas cousas de comer non se xoga...

Caralladas na rúa....

Bueno, o do IBI dos terreos do Encoro de Abegondo-Cecebre, sí que é outra carallada mais....

E esto sí que é unha auténtica historia da Historia.... (Los Ultimos de Filipinas)