Translate - Traductor

miércoles, 7 de enero de 2015

O PAISANO QUE FALA A MAZO NO ANO 2015

O PAISANO QUE FALA A MAZO NO ANO 2015
E TAMEN NO ANO 2016 (que hai que aforrar espacio)





Este é o paisano que ás veces, namais que cando se pon, fala a mazo. Aquí recóllense as súas aventuras e desventuras no día a día ao longo do ano 2015.

Se quere saber algo mais deste persoeiro-personaxe senlleiro que lle aconteceu durante o ano 2014 non ten mais que pinchar aqui, para ver o resultado.

Noutro caso, tamén pode pinchar aqui para outro personaxe, este real, como foi un dos Ultimos de Filipinas que era natural de Almeiras - Culleredo.





De todas formas para abrir boca non hai nada mellor que ir ao miolo da cuestión, e para empezar non hai nada mellor que facer mención ao CARALLO 29, que non é un carallo calquera. Vai por diante logo, e despois xa imos vendo....


O auténtico Carallo 29, en versión orixinal.
Se quere velo mais de cerca ou ter mais
información prema AQUI


CONCLUSIONS sobre as cousas que non son para tanto. Según apreciacións ao lado do mostrador que fixo últimamente o paisano este que fala a mazo, no caso de que as cousas non sexan para tanto, quedan namais que tres posibilidades. Que sexan para ter tento, para ter tinto ou para ser tonto. 

P.D. E tan campante se quedou o paisano. Así como se nada.



PEDINDO DISCULPAS.- O paisano este que ás veces fala a mazo de cando en vez, pois cando se xunta na taberna con outros seis ou sete que son á sua vez tan bós como él; pois pídense disculpas mútuamente, e disque moi contentos quedan. Ata tal punto que se abranzan uns con outros formando unha equipa, ou algo así...
De todas formas cando mais se lles encheron os ollos de auga coa emoción foi cando o taberneiro pediulles disculpas, non só polo horror, que tamén, senón polo error, xa que disque para que haxa horror primeiramente case sempre hai error.

A cuestión era que naquela ocasión o viño estaba morno...., igualiño que a cachola deles, pero aínda así, felices, que é o importante.

Parece ser que a partir deses intres foi cando empezou a coller corpo o dito ese de que "aqui non se conforma quen non quere".

De todas formas hai discrepancias no grupo de tal xeito que algún pensa que a partir dese momento foi cando empezou a cocerse a canción aquela de "nada fué un error".....

Para mostra este botón que nos deixa o paisano de marras.




TAMPOUCO SERA PARA TANTO.
UNHA PARTE DA TEORIA DA RELATIVIDADE.

Se tomamos, xa para non irnos moito mais aló, os últimos 150.000 anos en que o ser humano, (despois dunha longa evolución de mais de 70 millóns de anos en que a varios tipos de monos, de forma increíble déuselles por ir evolucionando…, pois resulta que se tomamos como referencia ao Homo Sapiens nesos últimos 150.000 anos, e os convertimos NUN ANO, resultaría a seguinte relación:

Que dentro dese ano (é decir os últimos 150.000) anos o devandito Homo Sapiens pasaríao dun xeito, algo así como moi rudimentario, nada mais e nada menos que 11 MESES…., xa que empezou a dedicarse de xeito estable e permanente nun mesmo territorio (nada de ser nómadas nin cousas desas), convertindose a agricultura e a gandeiría como un xeito de vivir, hai algo así como hai 1 MES. (tirando xa polo alto).

As primeiras ciudades (por certo pequeniñas todas elas) empezaron a fundarse hai uns 12 DIAS. (Antes deso a xente andaba á súa bola polo mundo adiante sen ton nin son).

Empezouse a falar de igualdade, de democracia, de dereitos humanos e todas esas cousas, hai pouco mais de 24 HORAS.

Que precisamente donde foi un dos berces da democracia e dereitos humanos e todas esas cousas anteditas, caso dos EEUU sen ir mais lonxe; hai pouco mais de 4 HORAS en que non podían subir ao mesmo autobús os seres humanos de raza negra nos que ían os rostros pálidos….

E que decir da democracia. Pois que por aquí, por estos lares, levamos algo así como 2 HORAS E CUARTO; e xa por non falar das redes sociales, donde comemos o mundo con elas e o que nos boten por diante,…, pois levamos enredados no medio delas non mais de TRES CUARTO DE HORA. (por algo se empeza)..

Osea que eso…., que as cousas non son para tanto. Ou sí. Todo depende, claro está. Todo depende como se mire e como te miren….



COUSAS DE DECEMBRO DE 2016

Outro tan bó como o paisano este que fala a mazo.- Resulta que de cando en vez o paisano este que fala a mazo xúntase con outros tan bós coma él. Sin ir mais lonxe aínda aconteceu o outro día que bateu con un e decidiron ir ver unha obra de teatro de moita sona.
Ao rematar o evento había moita rebumbio á saída, incluídos algúns periodistas que andaban facendo entrevistas, de tal xeito que colleu ao acompañante do noso amigo e pregúntalle:
- Qué? gustoulle a obra de teatro?
Ao que lle contesta o interpelado, con algo así como de retranca...:
-Bueno..., se queres que che diga a verdade, mentiríache.

P.D. A marcharon os dous tan campantes como se nada a meterlle uns jrolos contra o mostrador como se nada.



22 de decembro: Día que sempre toca, e como case sempre ao tipo este tocaronlle varios quintos arrimdos así como quen non quere a cousa ao mostrador da taberna....


Ao tempo:  o Papá, o Noel, este ano vai vir por Galicia en tabla de surf. Nada de trineos nin caralladas dese tipo.
Cousas veredes !!


Agora que empezamos o mes de decembro de 2016, imos ver un tema moi interesante. 
O KAMASUTRA....

COMO SABER O ANO EN QUE NACICHES POR MEDIO DO KAMASUTRA

Unha maneira moi divertida de saber o ano de nacemento é tirando do Kamasutra. Para elo nada mellor que empezar co 69, (número erótico donde os haxa) para de seguido tomarnos tranquilamente o tempo que sexa necesario imos e restámolle a edade que temos á postura do 69. Logo despois si se considera necesario tiramos libro en cuestión e seguimos coa actividade ata facer 47 posturas mais; que as sumamos ao resultado anterior, Logo de tanta actividade podemos acadar como resultado o ano en que nacemos desta forma tan divertida e ante todo aconsellable agora que veñen tantas festas..

Agora queda por saber en que paxina do Kamasutra está explicado todo este cálculo erótico-festivo indicado despois de tanto postureo e tanto arte.




Novembro de 2016

Posibles variables e variantes nas ENQUISAS ELECTORAIS.- Xa hai tempo que non se fala nada de enquisas electorais. Algo debe estar tramandose, o cal non deixa de ter lóxica por canto que según todos os indicios a base do traballo que se desenvolve, está mais ou menos conforme aos seguintes parámetros:

Tense en conta nas enquisas os que teñen como resposta que foron votar nas últimas eleccións cando realmente non foron.

E claro está, tense en conta a todos os que dixeron que non foron votar pero que si irán, cando realmente tampouco irán desta vez.

Tamén inclúen aos que recoñeceron que non foran votar e que non irán tampouco desta vez, cando realmente van ir.

Tamén están todos aqueles que recoñecen que votaron a fulanito  cando realmente a quen votaron foi a menganito

Por outra banda os que confesan votar a menganito van e á ultima vótanlle a fulanito.

E logo, xa na cociña, preparando os resultados, ben o problema mais gordo que consiste en qué se lles fai a todos os datos dos que non contestaron, mais que nada disque  é por saber que é o qué contestarían, sempre e claro está no suposto que contestaran o que tiñan que contestar, porque contestar por contestar non axuda case en nada.

Xa despois o tema empeza a complicarse de forma soberana ao intentar saber quén realmente está contestando axeitadamente conforme á sua contestación e separalo daquel que aínda contestando é como se non contestara ou deixara de contestar, sin ter en conta cando despois de estar barallando a fulanito e a menganito vai e aparece así como por arte de maxia citranito.

P.D. E despois aínda hai xente que pensa que este mundo é moi aburrido, pero non o dí. E en cambio hai xente que o dí pero non o pensa.




O QUE NON NOS CONTAN DAS ENQUISAS ELECTORAIS.
O paisano este que ás veces fala a mazo está convencido que non nos contan toda a verdade da cruda realidade das enquisas electorais.
Disque está convencido que os verdadeiros resultados das mesmas veñen sendo os seguintes:
- Cando se fan a pé de rúa, o resultado mais votado é:  "Sintoo, teño moito apuro".
- Cando se fai por teléfono, son duas as opcións mais votadas: A primeira é "estos non collen o teléfono nin de coña" e a outra cando descolgan comentan, "perdona pero non necesito cambiar de teléfono".

Por eso disque o tema das enquisas tamén é todo moi RELATIVO.



Preocupación nas tabernas?.- A xente preocupase de opinar nas tabernas que os políticos non cumplen nada do que prometen nas campañas electorais, e en cambio non se preocupan desa preocupación.
Pola contra os que se dedican a facer enquisas electorais creen nas preocupacións que escoitan por teléfono a un tipo que non coñecen de nada, creendo que lles vai decir así polo morro a quén lle vai votar nas proximas eleccións. Logo o mais preocupante é que eso publicano aos catro ventos e síntense algo así como preocupados polos resultados, non das votacións, senón que das enquisas. O cal non deixa de ser tamén unha considerable preocupación.

Por eso que todo é bastante relativo. 



A TEORIA DA RELATIVIDADE. TODO DEPENDE SEGÚN SE MIRE

(Unha das súas teorías.  Unha de tantas)

A teoría da relatividade non é cousa doada de entender e moito menos de explicar, así á primeira de cambio. Vexamos algún exemplos coa sana intención de facer unha aproximación a tal interesante cuestión.

Non todo parece o que é, ainda que ás veces case todo ven dando alí.

Poñamos como primeiro  exemplo: aqueles que lles costa moito traballo diferenciar a man esquerda da man dereita. Son aqueles que as separan pouco mais dunha cuarta e xa teñen dúbidas importantes e de súpeto, donde xa case non acertan saber cal é unha e cal é outra.

Este feito que pode inicialmente parecer unha cousa negativa e ata de producir certo desacougo ou incluso algo así como un pouco de desprecio ou pena; na meirande parte das ocasións que así ocurre quedan automáticamente calificados como uns papabrevas ou semellante. En resúmen que son dos que non lles dá para mais o seu zurullo.

Ben, pero a cousa tampouco é para tanto, como de seguida intentamos aclarar:

A cuestión é que todo depende en cómo se mire, xa que a cuestión que estamos analizando ten as súas ventaxas, que dito de algún modo son algo así como meras singularidades dos seres humanos en cuestión que esgrimen este tipo de actitudes, así polo mundo adiante sen ningún tipo de maiores problemas.

Así é o caso na hora en que queren usar as máns, ou ben usándoas mesmamente, pois tampouco non hai nin teñen maior dilema nin problema, porque usan unha das dúas e punto. Non andan con mais voltas. Total para qué??  Veñen sendo o caso práctico sin grandes alardes pero dunha grande efectividade. Moitos pensarán á vista de tales actitudes que xa nin vale a pena darlle moitas mais voltas. Eles nin eso. Non lles fai falta. Non perden o tempo pensando si tal ou se cual.

En cambio os que sí saben perfectamente distinguir a man dereita da man esquerda, xa son moito mais tiquismiquis, Están continuamente R que R querondo usar en todo momento a que lles vai a eles mellor, ou a que lles parece a eles que lles vai mellor, ou simple e llanamente a que eles queren creer que é a mellor.

Tamén hai claras excepcións, como é o caso dos que comen de xeito habitual a dous carrillos, que nun alarde de sentido práctico das cousas non fan distinción de ningún tipo á hora da verdade.

Son por norma xeral dos que non se andan con medias tintas. Son a realidade práctica personificada, dos que non deixan un lixo de dúbidas nin evidencias. Tronzan todo aquello que poden, e o que non poden tamén. Non se conforman nunca con ter dous carrillos. Son dos que lles gustaría ter ducias de carrillos. Ou pola contra un namais. Ser todo eles un carrillo de por sí. O deles é tronzar e tronzar.

Preséntanse pois estos prototipos a modo de todoterreo, donde por moi relativo que poida ser ou parecer o asunto, dalles prácticamente todo igual. O mismiño. Debullan o asunto e punto. O seu bandullo é o primeiro. Bueno, o primeiro e o único. En resúmen, eles o primeiro; e ao resto que lles dean. Para que lle imos dar mais voltas.

Por outra banda hai tamén unha teoría comúnmente aceptada consistente no dito ese de que “o caso é non levar un golpe” que parece ser está directamente relacionado coa teoría da relatividade asentada, claro está, na percepción esa de que “todo depende en cómo se mire”.

Se todas estas teorías mais que demostradas na práctica lle engadimos outro elemento sustancial como é a gravedade, poñéndolle cada quén a dosis que considere axeitada; pois xa imos tendo unha aproximación mais que decente sobre o aunto en cuestión.

Así é que hai quen pensa que todo é moi relativo. Salvo que non o sexa. Pero daquela xa estaríamos falando de palabras maiores, confirmándose así a teoría de que todo ven dando ao mesmo.










BUENO POIS XA ESTAMOS NO MES DE NOVEMBRO....



Pero a estas alturas aínda hai alguén que non sabe en qué consiste o TRUMPicallo?  Pois é doado. Hai unha parte que a cona e outra o carallo.  Así de simple.



E hai que empezar dicindo que aquí e tamén en norteamérica os RESULTADOS DAS ENQUISAS 
veñen a confirmar a teoría do paisano este que ás veces fala a mazo no senso de que cando se lle fai unha enquisa a un paisano, básicamente o que está pensando, que non decindo, e algo así como esto: (Si oohhhh !!!  vouche decir eu a tí a quén lle dou eu o meu voto...!!! Era boa se colara!!....  Este anda nas berzas e non vé a horta...!!   Coitadiño !!!  e tal....  Osea que hai que ir concluindo que esto é universal. Os das enquisas están que trinan.




QUE MES DE SETEMBRO DE 2016 TIVEMOS!!!, AINDA QUE CO DE OUTUBRO NON HAI QUEIXA: 








OS CAMBIOS DE HORA E OUTRO TIPO DE TRAPALLADAS.

Ao paisano que fala a mazo xa leva moitos anos teorizando, así como outros da súa especie, co conto do cambio de horario que se fai de cando en vez.

El cada día está mais de acordo con un grupo de individuos e individuas que son o sentido práctico personificado das cousas. E vou intentar explicarme sobre o tema.

Resulta que parece ser que a esta xente cada ano que pasa, e se cadra xa debido a certa experiencia na vida, afectalles cada vez menos o tema este do cambio da hora. Mais que nada como comentan de xeito reiterado, dalles exactamente igual xa que eles levantase mais ou menos sobre as 11 da mañan, póñase como se poña o reloxo.

A esta xente hai determinados temas das directivas europeas e dos regulamentos do gobernó de turno que llela trae relativamente floxa. Así é que tamén cando foi a crise do petróleo, e o precio do litro da gasolina subía cada dous por tres, a mais de catro dáballes exactamente igual. Eles sempre botaban 1.000 pesetas. Era unha maneira de entender como facerlle frente á crisis como outra calquera.

E xa por non comentar ao acordó que chegaron varias parellas amigas do paisano este fala a mazo, cando unha vez que comprobaron o revoltixo que suponía andar cambiando cada dous por tres a hora, chegaron ao convencemento de que nas casas respectivas follabase a eso das 12 da noite, tivera ou non tivera a parella respectiva. Disque era unha maneira de establecer certa coordinación e non perder determiandos usos e costumes certamente arraigados na casa de cada quén.

Bueno pois así se lles vai pasando o tempo a esta xentiña que ten moito que decir e contar aínda que ás veces poida parecer mais ben pouco que nada ou todo o contrario.










O PRINCIPIO DE ARQUIMEDES EN VERSION GALEGA Á HORA DAS PAPATORIAS QUE SE AVECIÑAN NESTE TEMPO DE OUTONO E INVERNO.   En todo corpo (de ser humano) que experimente a inxestión de líquidos e sólidos típicos dos cocidos e laconadas en Galicia, experimenta un empuxe, xa non só vertical senón que ademais pode ser en todas direccións, igual ao peso de todo o inxerido menos o que máis tarde sexa desaloxado pola propia natureza do corpo (do ser humano en cuestión).  Da colección "COAS COUSAS DE COMER NON SE XOGA"





DUBIDAS na Lingua ou da Lingua ??.- Pero qué quererán decir os da RAE coas palabras ambiguo e ambigua no Diccionario, co fácil que sería deixalo clariño e non andar con tantas voltas.



A todo esto con aquelo do machismo na lingua. E daquela en vez de andar con liortas e outras caralladas por qué non usar un comodín, algo así que reconforte, algo que non cree interpretacións sexistas que non veñen ao caso, algo mais xenérico, algo co que nos dé satisfacción logo despois de asumir que todo esto das linguas, ademais de ser usadas polos usuarios libremente facendo usos e abusos das mesmas, non deixan de ser no fondo normas. Normas impostas polos homes, e non por mulleres, polo que parece claro que os que creadores non ían botar pedras contra o seu propio tellado.
Co fin de ser prácticos e deixarnos de caralladas varias e variadas, por qué non se lle ocurre a alguén dos que mandan ou queren mandar ou fan que mandan, así como de quén, darlle un pouco mais de chance a "e". Si "e", que non é nin unha cousa nin outra, senón mais ben todo o contrario. 
Non nada mellor que exemplos. Así por qué o mundo ten que ser masculino. Pois non, tamén pode ser le mondé, e así xa partimos dunha base xeral neutra, que é do que se trata.
Femeninos, por qué teñen que ser femeninos, por exemplo a merda, ou a pena ou mesmo a pobreza. Así se lle damos chance a "e", teríamos le merdé, le pené ou le pobrecé, e todes contentés.
Outros exemplos, les españolés, les galegés, les medicés, les arquitectés....  Se ao final como se pode comprobar é simplemente copiar. Copiarrrr  !!!!  (xa o recomenda Emilio Duro )
Fácil que no lo poñen os franceses que ademais témolos aí ao lado.
Qué ganas temos de complicarnos le vidé.  O demo me traje !!!  (Vedes, este si é masculino, manda carallo  !!!)  que por certo, tamén o é.



22 de outubro de 2016.- Estos días nas tabernas non se oe outra cousa, ademais de pedir algo para meterlle uns grolos que a palabra abstención; o cal pode levar a certa confusión do persoal.-  #vaicheboavilaboa #eicarballeira #mariacristinamequieregobernar #caralladas #eravisto



Claro que non todo o orégano está no monte. De feito estos días á hora de formar goberno hai quen se dedica a decir oregasi, oregano, oregasi, oregano, oregasi...., e así sucesivamente ata atopar a solucion axeitada....

Todo parece indicar según os ULTIMOS SONDEOS que o cambio importante que se está detectando diante da posibilidade de que se poida conformar un goberno ven dado básicamente nunha franxa horaria en que o persoal dedícase a zampar uns bos platos de caldo de nabizas.
Ollo ao dato que con esto podese deducir que as nabizas dan amplitude de miras !!


En resúmen, que disque o paisano este está quedando torrefecto. Bueno, torrefacto ou algo así ou parecido, dixo él.



"MAS DE LO MISMO"
Osea que aquí hai algún que outro caballero que pretende un día sí e outro día tamén que o falar non teña cancela.
Tamosche ben!! Todo un pilar o paisano.



UN ROTO PARA UN DESCOSIDO OU QUE COÑO É ESTO?
Si oooohhhhh.  Resulta que agora hai xente que se quere poñer a coser despois de de facerlle trizas o traxe do paisano; e ademais querendoo facer dando puntadas sen fío....
Noooo, se a cousa vai ben !!!  Nova fórmula de facer traxes.
De aquí parece ser que é de donde veñen os ditos esos tan coñecidos como o de "non fío" ou "non me fío"
Claro que xa imos vendo qué tipo de dedal se utiliza e se hai entretela dabondo para o traxe novo, salvo que sexa unha nova fórmula de coser e cantar.



PARA AS ENQUISAS ELECTORAIS: XENTE QUE BOTA, XENTE QUE BOTOU E XENTE QUE SEGUIRÁ BOTANDO.
Comenta o paisano este que ás veces fala a mazo cando non ten outra cousa mellor que facer, que disque xente coma él, tal día coma calquera da da semana pasada que houbo eleccións ou calquera outra día, estiveron tamén botando como o que mais. Neste caso nas nabizas. E seguirá botandoas, guste ou non guste. Xente que bota. Xente comprometida. Entendedes ?? -rematou así con cara de pouca leria....---


A  R.A.E. E ABEGONDO
Todo parece indicar que a R.A.E. están pensando en estudiar que a expresión "a toro pasado" se semelle ou utilice tamén, de forma indistinta a de "a toro de Abegondo" logo dos resultados obtivos.




NO MES DE AGOSTO DE 2016


ENSALADILLA RUSA.- Un dos razonamentos do día que tivo o paisano co tema dos INCENDIOS FORESTAIS é que na taberna criticabase que non habia información por ningures do prototipo de prirómano, do incendiario que hai en Galicia. 
Non se sabe nada, nin qué tipo de edades, nin sexo, profesións, modo de vida..., nada de nada.
Por eso chegou á conclusión con outros tan bos coma él, que disque non ten nada de malo pensar que os incendiarios que hai en Galicia gústalles a ensaladilla rusa e case seguro que non teñen nin idea de waterpolo. Pero disque é un supoñer. Namais que eso.


CORRIDAS EN ABEGONDO.- (3 de agosto).- Confirmado que hai un rumor por canto que hai moitas posibilidades de que no caso de que haxa algunha corrida de toros en Abegondo para agosto, quedarase todo en toros eléctricos ou como moito algún que outro toro mecánico. Disque os permisos non dán para mais nestos momentos.

ELECCIONS 25 DE SETEMBRO. Na comarca de Betanzos moita xentiña terá que elexir ese día en ir á romaría de Sarandóns (Abegondo) ou ben á de Bandoxa (Oza-Cesuras).
Claro está que sempre queda alguén que come a dous carrillos co cal poderá ir ás dúas sin problema algún.

PREOCUPACION a tal hora nas empresas que farán as enquisas electorais das autonomícas, cando chegue o momento de valorar o grupo de encuestados que conte mais trolas á hora de contestar á pregunta de a quén lle van votar. 
A primeira tonaxe de resultados  non tardarán en chegar. A cousa promete.


SONDAXES NAS PRIMEIRAS REACCIÓNS NAS TABERNAS  todo parece indicar que a inminente convocatoria de eleccións non vai afectar demasiado á vida normal dos poquemons esos, dada a súa alta profesionalidade e compromiso coa clientela.

Sin ir mais lonxe onte contra a noite coincidiu con un o paisano que fala a mazo contra o mostrador da taberna. Disque era un poquemon moi enrollado que lle tivo contando a súa fantástica vida. Está encantado co novo destino profesional. Disque lle tocou traballar namais que os domingos pola tarde e por zonas de bares donde haxa abmiente.

Do poquemon do outro día que lle saiu da corte da burra día disque non sabe nada del. Parecelle que se debeu de meter na barrela no medio das patacas.




Esto foi mais ou menos o que lle aconteceu ao paisano este que fala a mazo no mes do SANTIAGO.

Apareceu un poquemon desos.- Acaba de anunciar o paisano este mesmo antes de sair para meterlle uns jrolos así pola mañán que lle apareceu un poquemon na corte da burra. Mais que nada comentao por se lle interesa a alguén.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------


EDICION ESPECIAL SOBRE AS CORRIDAS DE ABEGONDO:



OLLO AO DATO coas COUSAS DE COMER  !!  Moito ollo que o peixe aínda non está totalmente vendido e xa se sabe que que ata o rabo todo é toro.
(Da colección "coas cousas de comer non se xoga")  -->>  (aquí uns claros exemplos de nada).


ERA VISTO.- Confirmase que no que caso de que haxa corrida os toros van ser eléctricos ou como moito algún que outro toro mecánico.


ALGO MAIS SOBRE O TORO DE CERNEDA.- Con esto das corridas que están tan de moda e na boca de todo o mundo; o paisano este que fala a mazo aínda comentou hai nada, (así arrimado contra o mostrador da taberna como acostumbra él), que houbo un tempo en que tivo unha vaca que cada vez que voltaba de visitar ao toro de Cerneda viña cantando baixiño para a casa e que no momento de entrar na corte non decía nin mú.
(e quedouse tan pancho como si nada meténdolle outro jrolo antes de marchar a arrancar outro pouco esterco)


CORRIDA EN ABEGONDO, si pero....  Nunha das tertulias que o paisano este ten ás veces contra a barra do mostrador con outros do seu igual (é decir outros que tal bailan), andan un pouco mosqueados xa que se fala moito do día da corrida de Abegondo, pero o churrasco qué?? !!   para a cando é o día do churrasco?
Mais que nada porque a este tipo de carne venlle moi ben uns días na cámara. 


AS NA MANGA dos antitaurinos que poden utilizar en calquer momento.- TAXA POR RENCILLAS.- O paisano este que fala a mazo detectou nalgunha taberna movimentos de varios grupos que tentan que a solicitude para poder celebrar unha corrida nas festas de agosto de Abegondo sexa tramitada como denuncia por rencillas entre particulares . Así colapsaría o departamento correspondente e por encima habería que cobrar por anticipado os 100 euros da taxa municipal pionera, (aínda que despois aló mais tarde llela devolveran, e tal... 
Así con esta medida os promotores sabería de antemán o que vale un peine.
Xa comentou o paisano que disque se comenta que así o asunto quedaría todo en nada.


O TORO DE CERNEDA.- UN TORO MOI PECULIAR.- Parece ser que o coñecido e popular toro de Cerneda disque era moi peculiar, xa que era o típico ao que non lle gustaba andar con rodeos, e despois disque semellaba moito a un gorrión. En canto tiña ocasión xa ía directamente ao grano.


ENQUISAS DE ULTIMA HORA: Todo parece indicar que xa hai nalgunha taberna en que se están facendo porras e apostas de todo tipo no senso de que si hai corrida ou non hai corrida de Abegondo. Nas vindeiras horas haberá información a prol e en contra. 

RES VACUNA OFICIAL DE ABEGONDO DO SÉCULO XIX.- Antecedentes históricos á corrida que se pretende nas festas de agosto de 2016.- Antecedentes históricos: E salientable dende tempos atrás a tradición vacuna neste territorio. Remontándonos a finais do século XIX tiña no seu escudo municipal unha res deitada plácidamente diante dun monllo de palla e uns cantos exemplares de maquinaria da época. Sin ir mais lonxe para comprobar todo eso non ten mais que ir a este enlace e comprobalo  --->> res vacuna oficial insntitucionalizada de Abegondo no século XIX


OLLO AO DATO!!  --> Corridas en Abegondo: Parece ser que o antecedente mais importante dende que ten acordo o paisano este que fala a mazo, en relación ás corridas que houbo tempos atrás en Abegondo e que se poida decir públicamente, foron as do toro de Cerneda.
Aquelo disque sí que era un espectáculo. Había que estar alí para creelo.



ACERTIJO TAURINO PIONERO é o que popón o paisano este que ás veces fala a mazo, Ven sendo un sinxelo e simpático xogo que se pode desenvolver cos amigos e a familia, na praia, no campo ou na montaña. Trátase de averiguar e de apostar en qué parcela do PXOM se pretende celebrar o evento taurino pionero-

Aqui o enlace ás parcelas. Podese incluso compartir e xogar en rede.  XOGO PARA APOSTAR QUE PARCELA SERA NA QUE HAXA CORRIDA EN ABEGONDO.



CORRIDA EN ABEGONDO. Todo parece indicar que a corrida prevista para as festas de agosto en Abegondo, donde xa está confirmada a non asistencia de El Cordobés, que vai traer rabo.


A corrida deu tanto de sí que ata saiu no xornal. (La Opinion Coruña 21/07/2016)



--------------------------------------------------------------




CAMIÑO DE SANTIAGO (CAMIÑO FRANCES)
ESTO DE CAMBIAR OS MARCOS NUNCA FOI BEN VISTO. 
Agora resulta que a Xunta de Galicia cambia os marcos que sinalan o Camiño de Santiago, así, sin avisar e sin nada, e claro a xente anda mosqueada. Normal.
Aquí a mostra de solidariedade cos marcos que son todo un emblema para os camiñantes.Non hai mais que ver as inscripcións tan simpáticas do marco do quilómetro 69.
Aquí neste enlace podese ler a noticia que trata o cambio dos marcos  --->  A Xunta cambia os marcos do Camiño de Santiago.


Foto real ampliada para que se poidan ler as
simpáticas inscripcións







ESPECIAL PORTUGAL:



UNION DE ESPAÑA E PORTUGAL.- Proposta de himno.- Xa comentou o paisano este que fala a mazo que no caso de que haxa fusión entre España e Portugal se adopte como himno a canción "MARIA LA PORTUGUESA", que parece ser que nin era María nin era portuguesa pero que a coñece e tararea todo o mundo. 

(todo esto foi na taberna meténdolle uns jrolos de nada)

UNION CON PORTUGAL, no caso de que haxa a unión con Portugal qué nos queda no caso de que nos vaia mal ??


COUSAS QUE PASAN CON ESTO DE ANDAR INFORMADOS.- Resulta que somos capaces de ver en directo un golpe de estado e en cambio non haxa maneira humana por exemplo de escoitar en directo e moito menos ver un  mísero pleno municipal. (na inmensa maioría dos sitios, pero sí sabemos cando hai churrasco).
Se a  vin mais jorda !!


No remate da Eurocopa 2016 é todo unha brincadeira.




NO MES DE SAN XOAN DO ANO 2016 da nosa era (bueno ou polo menos era dalgún), acontecía esto....









ESPECIAL ELECCIONS 2016



Así está o DEBATE antes das terceiras eleccións no día do Carmen:

O que aparentemente o ten inicialmente mais chupado non se cansa de decir: No, no, eu como vexa que non o teña chupado de todo para ganar non vou. De telo chupado a medias, nada de nada.

Outros dinlle: No, no; ti que es o que o tes mais chupado de todos de principio procura telo mais chupado aínda do que o tes realmente, buscando a outros coma ti para ver si todos xuntos o tedes chupado de todo ou polo menos moito mais do o que o tes neste momento.

Hai outros que xa comentan: eu non vou dar un paso adiante para que o outro que o ten mais chupado que min aínda o teña moito mais do que o ten. Non será miña a culpa no caso de que o teña moito mais do que o ten.

Outra variante é aquela doutro grupo distinto dos que falamos que comenta: Bueno, aquí o que se trata é de buscar a alguén que o teña chupado dunha vez. De principio o que o ten mais chupado de entre todos, dígolle que non; pero como note que insista un pouco mais de segundas, daquela polo menos vou mirar para outro lado para ver se así logra telo mais chupado do que o ten ahora mismo; todo elo tendo en conta que a xente o que quere dunha vez é saber quén é o que o ten chupado total e realmente.

Entre os que non o teñen nada chupado de principio e menos por separado, botan contas que no caso de xuntarse teríano totalmente chupado; puxérase como se puxera o que o ten mais chupado inicialmente. O que pasa é que debe dar así como unha especie de pereza poñerse a decidir de qué maneira se pode ter o asunto totalmente chupado para que superara claramente ao que o ten mais chupado desde o inicio; co cal o que parecía de principio non tería nada que ver co do final.

Un último grupo, todos eles veteranos, que xa saben de que vai a cousa esta de tela chupada ou non; non deixan de mandar mensaxes para que non vivan equivocados todos eles; porque de telo chupado totalmente a non o ter, hai un mundo, e ao final non queda outra que telo para que as contas dean ao xeito e non andar con sobresaltos.


--------------------------------------




UN ERRO HISTORICO nas enquisas electorais veu sendo o non ter en conta aos que andan detrás das silveiras.



PROXIMA ENQUISA DE CARACTER ELECTORAL. Todo parece indicar que vai tratar de saber e concluir si o grupo de votantes que contaron unha trola na enquisa pre-electoral é a base e o sustento do que se nutren á sua vez os partidos cando moi de vez en cando tamén soltan algún farol, eso sí, estos moi de pasada e de cando en vez... .


Aumento descomunal da desconfianza entre os votantes do 26-J, xa que aquí non se sabe quén é o que a conta mais jorda á hora de falar da intención de voto nas enquisas electorais.
O aumento é tal que xa hai quen empeza a mirar de reollo a uns e a outros (sin reparo de ningún tipo)



As empresas que se dedicaron ás enquisas electorais acaban recoñecendo un dia despois das eleccións un descomunal erro, ao despreciar na intención de voto aos que andan detrás das silveiras cada dous por tres ou mesmamente que residen alí mesmo detrás delas, pero eso sí moi á beira.


CONCLUSIÓNS aos resultados das eleccións xerais do 26-J:  Todo parece indicar que o que mais e o que menos xa bota en falta unha melloría absoluta, que polo que parece según os datos aportados e soportados, toca aínda agardar.



RESULTADOS DAS ENQUISAS con respecto aos resultados do 26-J.
Confirmada a teoría do paisano este que ás veces fala a mazo no senso de que cando se lle fai unha enquisa a un paisano, básicamente o que está pensando, que non decindo, e algo así como esto: (Si oohhhh !!!  vouche decir eu a tí a quén lle dou eu o meu voto...!!! Era boa se colara!!....  Este anda nas berzas e non vé a horta...!!   Coitadiño !!!  e tal....




LISTAS ABERTAS
Hai nada que comentou o paisano este que ás veces fala a mazo que disque no caso de que houbera listas abertas, quen levaria algún que outro boleto son os do Combo Dominicano.

(esto xa ven sendo do 27/08/2014)




FELIZ VERANO amig@s. A disfrutar de Galicia en calquer curruncho que te atopes.







Voto decidido.  Desta vez voto por CORREO.






RESUMO DO PARTIDO DE HOXE: Hoxe claramente houbo un pique entre España e a República Checa. (vai de fútbol, chunda, chunda...)


HORA PREFERIDA: Según todo parece indicar a hora preferida para que ao persoal lle fagan enquisas nesta época do no ano ven sendo así pola fresca.



UNANIMIDADE NO PARECER DAS ENQUISAS ELECTORAIS.  Tal como se desprende do parecer dos que se dedican a eso da elaboración das enquisas electorais previas ás elecccións, o mais problematico sempre ven sendo o saber do que realmente pensan aló nos seus adentros os que están detrás das silveiras. Polo demais parece ser que está todo chupado mais ou menos como sempre.



SONDAXE TRANQUILIZADORA.- Todo parece indicar segundo un sondeo as propias empresas de sondaxe de enquisas electorais, que de principio non debe de cundir o pánico de ningún xeito polo feito aparente de que ninguén o poida ter suficientemente chupado. Hai que tomar a cousa con calma e non alarmar. Só é para sondear.



NAS SONDAXES ELECTORAIS falta por determinar, ou polo menos ninguén comenta nada, se tamén contan nos resultados as respostas dos que andan detrás das silveiras. (Non é por nada, mais que nada é por saber).



PODESE VIVIR PERFECTAMENTE SIN TANTA LEI, DECRETOS LEXISLATIVOS DECRETOS-LEIS e cousas desas. Para mostra este BOTON (premendo AQUI)
Un Decreto-Ley por aquela da urxente necesidade e imos que chutamos.



AS SONDAXES MAIS ATREVIDAS dan como avance previsorio no medio da campaña en que os candidatos queren ter o asunto o mais chupado posible canto antes, sin agardar ao día da votación nin nada deso.




NOVA VARIABLE PARA AS ENQUISAS ELECTORAIS.- Todo apunta para que nas vindeiras eleccións os responsables dos sondeos electorais engadan a posibilidade de modelo de resposta  -"Si ooohhh, vou ser eu quén che diga a tí a quén lle vou votar!!!--
Ou polo menos que se teña como unha posibilidade de resposta ainda sin ser a resposta posible.

----------


Bueno e daquela vos tamén tedes políticas de cookies ou como é a cousa ??  Non é por nada, é só curiosidade. Dase por descontado que o pin xa o ten todo mundo. Non sí ?






Cando a noticia está ao pé da rúa, nótase.





COUSAS DA NATURALEZA.- Todo parece indicar que a quén únicamente non lle importa neste mundo verse pillad@  polo toro ven sendo á vaca.




Cando o pote non está na lareira, non hai xeito nin maneira.
(Que conste que se me acaba de ocurrir)








COUSAS CHUPADAS, así como no mes de Maio de 2016 ...

Convén non esquecer que as enquisas o que fan é tentar saber quén o ten mais chupado ou en principio quen o pode ter ou a sensación de quen pode telo. Neso é donde está o tarán do tema.


Se na cousa esta das eleccións e tal..., se houbera de principio alguén que o tivera chupado, xa non había falta de convocalas nin nada. O que son cousas.(Coisssaaass, que din nu Braassilll )



NOCIONS BASICAS DE ENQUISAS ELECTORAIS.

Está practicamente demostrado, incluso científicamente, que o que gaña eleccións de xeito reiterado, unha vez sí e outra tamén; entre outras cousas vense demostrando tamén de xeito reiterado que previamente para que eso ocurra, hai que tela cousa sumamente chupada inicialmente (podendo ser); claro é que de todas formas o que realmente conta é ter o asunto chupado no momento oportuno que é realmente o que conta; que se é reiteradamente daquela ben sendo o mais non poder que á súa vez non é o mesmo que non poder mais.


Osea que eso.



Aínda falta por determinar científicamente o por qué a todo o mundo lle parece ao principio que o teñen chupado antes de campaña electoral.


Aquí o realmente difícil non é decir que o asunto esté chupado o deixe de estar, senón que realmente o esté.


Por norma xeral o lóxico é que uns o teñan mais chupado que outros. Logo despois ao final xa se nota e xa se ve.


Tamén é certo que no medio da campaña polo menos xa dá a sensación de quén o ten mais chupado e quén non.


Se tal como se comenta ás veces que todo mundo o ten chupado antes das eleccións, entón estaríamos mais ben diante dunha chupandaina que dun empate técnico.


Pode resultar o caso de que o que poña moito mais interés ao final o teña mais chupado. Lóxica por outra parte baixo a teoría do esforzo e o interés.


Ao inicio as campañas quen o teña mais chupado todo parece indicar que cobra mais vantaxa.




COUSAS GRACIOSAS, e tal....

Os que sobreviven nesta vida a base básicamente de non engañar e non mentir, esta a base inevitable para que se vexa ata con certo sentido do humor cousas que non teñen ningunha gracia e moito menos salero, o cal certamente non deixa de ser gracioso ainda que moit@s non lle vexan gracia algunha, o cal a sua vez tamen resulta gracioso ou polo menos con cierta gracia, que no fondo ven sendo normal dalgun xeito, non lle encontrar gracia a algo gracioso que no fondo non ten un pelo de gracia nin ven sendo gracioso. Pero eso e o gracioso do tema.


ABRIL, pero desta vez do ano 2016



26/04/2016.- Análisis electoral de urxencia. Comenta o paisano este que fala a mazo que visto o visto, aquí de cara a novas eleccións ninguén o ten chupado. Cousa non vista ata agora. O demo me traje, comentou así meténdolle un jrolo dos del.



Comentou o paisano este que ás veces fala mazo que él cando era un rapás e andaba na clase de gramática sempre lle chamou á atención a conxunción copulativa.


*****************
NOVEMBRO:


14 de novembro:  Querencias Ilustradas. Hoxe nun día sen precedentes o paisano este que fala a mazo, nun arrebato de sinceridade dentro da taberna, comentou que á xentiña o que lle fai falta é que veña con carácter de urxencia outra nova Ilustración. Mentras tanto non é nadiña.
E así de pacho quedou no medio do barullo que se mesturaba ao longo do mostrador.


Xente comedora.- Xa comentou este homiño que según as súas teorías, o feito de que en Galicia non haxa empresarios que sirvan comida aos escolares é porque na dieta non entran percebes, empanada de millo coas múltiples variantes, o polbo á feira, unhas boas cazolas de callos, un cocido con todas as da lei, uns bos bois de francia que tiren para atrás, unas centoliñas; etc, etc. Case seguro que debe ser eso, dixo.




SETEMBRO





MUSICA:

Ao paisano este disque moito lle anda na cabeza esa canción tan famosa que si se canta día as: 

“Se te collo naquel prado como te collín mais veeeceessss…
Se te collo naquel prado como te collín mais veeeceeesss…
Eiche de meter no corpo, eiche de meter no copo
Herba para nove meses “


E él disque se pregunta cada dous por tres qué é o que quererán decir con eso de herba para nove meses ??

Pero xa o que o trae toliño e aquelo que ven despois, en concreto o do “trailaralaralará, trailaralaralará !!!” Disque o despista un pouco.

para mais MUSICA, pois tamén AQUI


ou AQUI


****************************






Se quere ver cousas que lle encantan ao paisano que fala a mazo,
 pode PINCHAR AQUI
CON UN CERTO FRENESÍ: Outra das cousas que lle anda na cabeza ao paisano este que ás veces fala a mazo, é saber que pasa os luns para que con certo frenesí haxa tanta xentiña disposta a facer cola á beira da noite para comer un pouco de churrasco.

Por elo disque vai crear unha comisión xunto con outros colegas de tomar as tazas na taberna e tentar chegar a algo en concreto, porque esto debe ter algunha explicación.




***********************



Botando unha cana ao aire. Que de cando en vez parece ser que disque senta moi ben.







AGOSTO

Algo así como anestesiado, anonadado, liló,...., vamos que non daba crédito, igual que os bancos, é como quedou o paisano este que fala a mazo cando descubriu no Google Maps o sitio donde "aquel tío brasileiro bailaba en pelotas no mes de abril"..., tal como reza na canción.
Sonche cousas!!
Para os mais curios@s, pois AQUI está o lugar donde bailaba en pelotas no mes de abril aquel tío brasileiro....



XULLO

"O BANDULLO DO LAMBON", un dos sitios preferidos do paisano este que ás veces fala a mazo, facendo bó ese dito que non se cansa de repetir: "coas cousas de comer non se xoga" !!!






ANOS QUE SE VAN PASAR MAIS RAPIDO.-  Pois sí, este paisano está cada día mais convencido que polo menos en Cádiz os anos van pasárselles moito mais rápido, a partir de cando supriman a semana santa.




Moi serenamente o paisano que fala a mazo acaba de facerse unha pregunta que seguramente ten o seu xeito.









**************************


XUÑO




MOITOS ASCENSOS. Pois sí, efectivamente. Poida ser que teña razón Farruco, xa que despois de case 40 anos traballando e ter xa non sei cantos ascensos, eu tamén son dos que me pregunto de qué carallo empezaría ?? !!!













Choverá ou non choverá ??  Haberá treboada ou non ??  Aqui queda demostrado que ser home ou muller do tempo ten os seus ricos. De acertar, claro está....  (bueno, en parte, polo que pode verse)








*********

MAIO


PANDILLA.- Parece ser que o paisano este que fala a mazo está metido nun grupo a modo de pandilla donde van a apuntarse a todas as papatorias durante 15 días, así polo morro.
Pensan que o voto medítase moito mellor co papo cheo.
Saboorrrr !!!!!!!!!!!!!


DUDAS ELECTORALES.- Na fin de semana primeira de maio entrou no bar e o primeiro que fixo foi preguntar..., pero bueno, qué é o que está pasando aquí??!!   Daquela aquí non hai ninguén que o teña tan chupado como o tivo Clinton cando a súa reelección ou qué ??
Eii  carballeiraaa !!!!!!!!!





ALGUNHA opinión ou suxerencia a este artiluxio ??























UN TIPO SELECTO.- Disque ao paisano que este que fala a mazo tamén gosta de mamar dos peitos, pero non de calquera cabritiña...

AVISO DE ADVERTENCIA DO PAISANO.- Disque aínda queda moito por ver, menos as tetas de Mariló Montero, claro está.!!!


SIMPATIAS.- Ao tipo este, según él, disque sempre lle gustaron as cousas serias e rigurosas, por eso disque lle ten tanta simpatía e un afecto moi especial ao ángulo recto.
Tamén volveu a falar de Mariló. Disque lle entra sudor frío namais pensar no tejedillo que se pode montar se ao final publican as fotos.... 

Vivamos como falemos !!!! ... e a cousa vai que vai. Ou mellor dito a cousa vai que chuta.



En maio disque o tipo este vé medrar as herbas. Mándanos esta pequena mostra.
PENSAMENTO: Disque mentras non haxa mais xente que se dedique a arrancar no esterco, non é nada.




Ao paisano este que fala a mazo, pero namais que cando se pon, disque é un tipo ao que lle gusta levar as cousas de carretilla.


UN TIPO QUE SABE QUEN É:  Comenta o paisano este que non vivamos engañados porque él disque é un tipo que non carece de ignoracia.


UN TIPO SOLIDARIO.- O paisano desexalles a todos os seus amigos un mó bó día 1 de maio, e mais que nada aos que se dedican a arrancar no esterco.








ABRIL

ANALISIS POLITICO: Comentou hai nada que él foi dos poucos que apostou por Clinton no seu momento, cando todo o mundo decía que o tiña moi chupado cando a súa reeleción.
Disque él opinaba que en contra de pensar que se relaxaría moito e virse abaixo; ao contrario, él sempre pensou que tiña que virse arriba.
Disque esas situación dan moita forza e animan a calquera.


UN TIPO SELECTO: Ao paisano este que ás veces fala a mazo, disque gosta de mamar nos peitos, pero non de calquera cabritina. Non da primeira que se lle poña por diante....


PREGUNTA ELECTORAL: Bueno pero qué é o que está pasando aquí?  Aquí daquela non hai ninguén que o teña tan chupado como cando Clinton o tivo na súa reelección ou qué ??
Eiii carballeiraa !!!!



PREGUNTA.- O paisano este que ás veces fala a mazo preguntando de cando en vez que se ven á cabeza, que disque no verano e nos meses de calor, cómo se apañan os cambia-chaquetas ??

UN PAISANO AUSTERO.- Comentou ao parecer o paisano este que fala a mazo que él no caso de ser candidato, o primeiro que faría é apretar ben o cinto. Mais que nada para que non se lle caian os pantalón. 

MAIS ANALISIS do paisano este que fala a mazo: Comentou hai nada que hai a algún que nunca o botan porque moitos sí lle votan e hai outros tantos que van, e non votan. Se está clarísimo. Nunha palabra: INCRIBLE.


ANALISIS PRE-ELECTORAL.- Parece ser, según o paisano este que fala a mazo, que despois de superada a fase das listas, agora é o momento dese reducido grupo que nun arrebato de iniciativa, comentan entre eles, o mais parapetados detrás das silveiras: "E que aquí non hai a quén votarlle...", despois de ter diante 8 ou 9 listas tirando polo baixo.


ABRIL electoral.-  Nunha análisis sin precedentes, o paisano este que ás veces fala a mazo, que no remate deste mes estase no período claro de ler, ver, falar, criticar, comentar as listas. E en cambio dos listos, nin chio.
P.D. E quedouse tan pancho como se nada.


ABRIL DE 2015.- A CABEZA PARALLE PARA POR VECES.- Comentou hai nada o paisano este que non é por nada, pero disque lle anda na cabeza, despois do batiburrillo que se montou, qué é o que terán as tetas de Mariló Montero.


INTERNACIONAL.- ECONOMIA.- Según un severo análisis que de cando en vez fai o paisano este sobre a situación a internacional, parece ser que en Grecia últimamente o grupo dos mais cabreados son os de 20.500. O outro grupo que lle sigue en cabreo veñen sendo os de 21.000.
Tamén quixo aclarar ao rematar, que todo esto é mais ou menos.


25 DE ABRIL:  O paisano este que ás veces fala a mazo, cando se pon, disque hoxe estivo nunha megapapatoria desas, e disque por veces tivo sensacións que lle subía o ácido jurídico.


O TEMPO.- O tempo según o punto de vista do paisano este que ás veces fala a mazo, pero namais que cando se pon: Disque COMO PASA O TEMPO !!



************************




TEST PSICOTECNICOS.- Entón daquela para participar nas eleccións non vai facer falta test psicotécnicos para ninguén ???


*********************



PRESENTASE.- Según os cálculos do paisano este que fala a mazo, parece ser que a palabra PRESÉNTASE, do verbo presentar, é mais comentada últimamente nas tabernas e por detrás das silveiras.

(21/01/2015)


***************************


BIPOLAR.- O paisano este que ás veces fala a mazo, descubriu ao vir o ano novo, que cada vez coñece mais xente que é bipolar. Mais ou menos.



















EVOLUCIONANDO.- Repasando a prensa dos últimos 2000 anos, a evolución tampouco é para tanto.
A FERVEDURA DO ANGULO RECTO.- Xa ten comentado mais dunha vez que a él cando se acerca o Entroido disque o ángulo recto férvelle perfectamente xa aos 45 grados como se nada.


NEGOCIOS.- Disque o paisano este que ás veces fala a mazo, se tivera un negocio chamaríalle TODOENBE. (Bueno, Bonito e Barato).


CONFORMISTAS.- Xa comentou algunha vez o paisano este que fala a mazo que coñece a xente moi conformista que lles dá igual.


CRITICOS.- Disque hai moitos que non fan nin crítica destructiva.




************************


OS OLLOS COMO PLATOS SOPEROS disque lle quedaron ao paisano este que ás veces fala a mazo, cando se enterou que a Portugal non chegaban os Reis Magos.

P.D. Si, pero teñen o anticiclón das Azores, dixo.

(06/01/2015)



















OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:

O paisano que fala a mazo durante o ano 2014.

José Martínez Souto; de Almeiras (Culleredo), un dos Ultimos de Filipinas

Resumen ano 2014 deste Blog: "Currunchos de Galicia".