domingo, 9 de agosto de 2015

"RUTA DA PEDRA E DA AUGA".- Río Armenteira.- Concellos de Ribadumia e Meis - Comarca de O Salnés (Pontevedra).- Esa ruta que lle encanta, que lle chifla a Mariano Rajoy.

"RUTA DA PEDRA E DA AUGA"
río Armenteira







Localización

Comarca: O Salnés

Provincia:  Pontevedra

Concellos: Ribadumia e Meis


As persoas que teñan preferencia por sendeiros en entornos naturais de contido eminentemente etnográfico e gusten da fotografía, entón están a buscar un sitio, un lugar como a Ruta da Pedra e da Auga. Unha proposta que fan conxuntamente os concellos de Ribadumia e Meis, na comarca de O Salnés; convertíndose nunha visita mais que recomendable. Hai sinalización suficiente, incluso para peregrinos que vian cara a Compostela. entroncando co Camiño Portugués.

O percorrido fotográfico proposto nesta publicación parte dende o Mosteiro de Armenteira, o punto mais alto de todo o tramo, tal como se aprecia neste gráfico, o cal pode verse nun dos paneis informativos ao pé do inicio da ruta. Tramo este que me dá a sensación que non é precisamente o preferido de Mariano Rajoy, xa que este cada vez que o visita fai mais ben o percorrido pola parte baixa e plana do percorrido que ofrece a ruta. 

Si, porque se aínda vostede non o sabe, esta ruta é a que lle chifla a Mariano Rajoy que últimamente cada vez que ven facer unha visita por Galicia pois apúntase ao bombardeo de facer unha pequena camiñata pola Ruta da Pedra e da Auga.


Perfil do recorrido





Comenzo da ruta dende o Mosteiro de Armenteira



Panel informativo ao inicio da ruta


(Para ver ubicación do Mosteiro de Armenteira en Google Maps, AQUI)


Un dos primeiros muiños que atopamos no percorrido


Facendo o paseo en este sentido imos río abaixo, adentrándonos a partir dos primeiros centos de metros andados, na zona mais abrupta e mais senlleira de todoo percorrido. As augas do río Armenteira rebuscan infinitos currunchos entre pedras, árbores, muiños e canles; levándonos facilmente a lembrar como o home buscaba afanosamente, en combinación coa naturaleza formas mais doadas para sobrevivir. Neste caso estamos a falar dos muiños, razón de ser para moitas familias e iniciativas empresarias da época.
















Canle dun dos muiños do percorrido á beira do río Armenteira











































ALDEA LABREGA:



No medio da ruta atopamos un lugar senlleiro ao longo do percorrido, adicado a lembrar as aldeas galegas, denominada "aldea labrega". E un conxunto escultórico obra da escola de canteiros tal como se fai mención nunha placa nas inmediacións.
































































PERCORRIDO MAIS URBANIZADO 

Logo de sobrepasar a zona mais abrupta do percorrido podemos disfrutar da riveira do río Armenteira en paseos mais anchos donde as augas van mais tranquilas, con zonas que contan con iluminación.








































ZONA DE MERENDEIRO

Na zona baixa do percorrido cerca do límite dos concellos de Meis e Ribadumia hai unha zona de descanso-merendeiro.na que se poden contemplar tamén outro grupo de muiños nas inmediacions.



























OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR:

Mosteiro de Armenteira

Horreos de Combarro


Fervenza de San Xusto (Lousame - A Coruña)


Praias de Galicia


Islas de Galicia


Mosteiros de Galicia


Castros de Galicia


Horreos de Galicia


Galicia Mariñeira


Coto de Chelo. Rio Mandeo.- (Coirós - A Coruña)


La historia de ISABEL ZENDAL GOMEZ, de Parada (Ordes - A Coruña). Considerada como la primera enfermera de la sanidad pública. Expedición Balmis.

JOSE MARTINEZ SOUTO, de Almeiras (Culleredo). Soldado que formó parte del conocido grupo denominado LOS ULTIMOS DE FILIPINAS.