martes, 1 de septiembre de 2015

"EL ENTORNO METROPOLITANO" Y YO

"EL ENTORNO METROPOLITANO" Y YO



y yo




Antes de nada unha pequena presentación-aclaración de que vai toda esta leria, conto ou como se lle queira chamar.

A partir dun dia en que aos de El Entorno Metropolitano tiveron a ocurrencia de invitarme a participar en algunha que outra das suas publicacións mensuais no apartado "Reflexiones desde el entorno", pois por aqui ando a recopilar o que vai ser esta pequena aventurilla escritora, por chamarlle dalgunha forma.

Os que me coñecen, mais ou menos xa se poden imaxinar do que pode ir todo esto, pero para os que non me coñezan nin recoñezan, quero mandarlles unha mensaxe de tranquilidade. Aquí o único que se pretende é que, se vostede é capaz de ler o que aqui escribo, eu xa me dou por conforme. Se ao remate da letura ademais vai e ten así como unha sensación de querer poñer nos seus beizos un xesto como de querer ter un sorriso, pois tamén xa me dou por conforme, ou polo menos se lle pasa pola caberza.

En todo caso o que sí pretendo é que dalgún xeito sexan felices. Todo o mais que poidan.

Juan J. Rocha


************************







ABRIL/2016

Non hai mal que por ben non veña.


Unha realidade que no fondo demostra ás claras que o mundo globalizado do século XXI é un feito constatable, que coas súas vantaxes, tamén airea situacións problemáticas, polo que necesariamente haberá que buscar solucións de ámbito  global; tal como é co asunto dos papeis de Panamá.

O ser humano caracterizouse ao longo dos séculos en ser capaz de ir superándose na difícil tarefa cotiá da supervivencia, sen estar exento de ter gran facilidade de autodestrución impropio de calquera especie.

Os desmáns ocasionados ao longo da Historia téntanse corrixir aínda que certamente o resultado é lento. Lembrar sucintamente que foron uns poucos, daqueles que viviron a finais do século XVIII integrantes da Revolución Francesa e os que máis tarde serían os Estados Unidos de América os que sentaron as bases para o que hoxe en día coñecemos e recoñecemos como Dereitos Humanos.

Si facemos un percorrido desde aqueles anos ata agora atoparemos non poucos argumentos como para pensar que o poder de adaptación a esas melloras de recoñecementos cara á dignidade humana, cara á dignidade dos seres humanos, é certamente lenta; pero certa, todo hai que dicilo. Aínda que tamén hai que precisar que despois de 200 anos daquela idea orixinal, esa dignidade dos seres humanos cobra pouca forza aínda nalgunhas partes do mundo.

Esta globalización que hoxe entendemos como moi moderna deu os seus primeiros pasos a nível político a mediados do século pasado, co obxecto de adaptar medidas diante dos desastres producidos nas dúas guerras mundiais que se sufriron en Europa. Esa situación foi a que levou a crear a ONU, que cos seus acertos e fracasos é un dos exemplos como para afirmar que mellor xuntos que revoltos.

Esta reflexión ven a conto porque co problema suscitado cos papeis de Panamá e a posible evasión de impostos, non poderá ser previda nin combatida de forma individualizada polos Estados que tal mester pretendan. Un dos factores que non podemos esquecer é que os Estados, desde o máis pequeno ao máis grande e poderoso teñen un punto en común; que é a súa soberanía, derivada da cal aproban aquelas leis que máis adecuadas consideran para os seus propios intereses.

Si como parece o feito que a existencia de paraísos fiscais suscita a posibilidade de evadir impostos nos Estados que preconizan como prioritarias políticas do denominado Estado de Benestar; parece claro que o dano que se produce neles é evidente; posto que a solidariedade de todos os seus cidadáns é o ingrediente fundamental para alimentar as arcas públicas e a súa distribución xusta entre todos eles.

 A solución pasará por acordos internacionais posto que de forma individualizada dos Estados sería certamente inoperante. Non cabe dúbida que a solidariedade tamén será imprescindible para atallar o problema, con implicación de todas as partes, que sen dúbida se logrará pero dunha forma moi lenta, como calquera outro logro dos que os seres humanos foron capaces de conseguir ao longo da súa existencia.








----------------------------------------------------------------------------------------



2015 / NOVEMBRO



Cuestión de transparencias

Hoxe imos concretar un primeiro aspecto novedoso (aínda que ten mais) da Lei estal de transparencia, acceso á información pública e bó goberno; dado que se xa cumpriu o prazo de dous anos dado ás comunidades autónomas e entidades locales para adaptarse á mesma.

Así convén saber quén ten a obriga de ter un “Portal da Transparencia” e qué información debe facilitar a nova ferramenta informativa virtual creada por esta lei que polo seu nome todo parece que debe quedar limpo e claro. Sin aditivos.

A obriga de ter un Portal da Transparencia empeza pola propia institución da Xefatura do Estado, o Congreso dos Deputados e Senado, o goberno do Estado, Consello do Poder Xudicial, Tribunal Constitucional, gobernos das Comunidades Autónomas, gobernos das provincias e dos concellos; entidades xestoras como a Seguridade Social ou organismos autónomos e as Axencias Estatais, e as entidades públicas.

Tamén están obrigados os partidos políticos e organizacións sindicais e organizacións empresariais e mesmo as entidades privadas cando as axudas superen os 100.000 euros, ou cando polo menos o 40% do total dos seus ingresos anuais teñan carácter de axuda ou subvención pública e a súa contía sexa superior aos 5.000 euros.

No Portal da Transparecencia figurarán os detalles das función que desenvolve a administración pública respectiva; especificando a súa estrutura organizativa e a identificación dos órganos responsables co correspondente perfil e a traxectoria profesional dos mesmos; debendo facilitar información dos seus plans e programas anuais, os obxetivos, actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución.

Débese facer pública a información de todos os contratos, indicando o obxeto, duración, importes de licitación e adxudicación, e procedementos de publicación, o número de licitadores e a identidade do axudicatario.

Relación de subvencións concedidas, importes e os beneficiarios. Os convenios subscritos, prazos, modificacións e obrigas económicas. Os orzamentos, con indicación das partidas mais importantes. As contas anuais que deban renderse e os informes de auditoría e as retribucións anuais percibidas polos altos cargos e máximos responsables das entidades públicas, xunto coas declaración anuais de bens e actividades.


O cumprimento queda pois nas mans dos cidadáns, do seu nivel de esixencia cara aos poderes públicos sobre os asuntos públicos. Por aqueles asuntos que nos movemos cada vez que nos convocan a votar nunhas eleccións. Eche o que hai.






Acceso aos enlaces de "Portal da Transparencia" dos concellos de Galicia, Deputación Provinciais e Xunta de Galicia.


==================





2015 / AGOSTO

“Resolvendo o mundo nun bar con un amigo” é unha noble e importante actividade que compre exercer de cando en vez, nunha época do ano como esta na que apetece meterlle un grolo. E así, desta forma tan clara e precisa como me presento diante de vostedes, facendo bó un compromiso que adquirín co El Entorno Metropolitano hai nada, por aquelo de dar un pouco de leria ao persoal. De tódolos xeitos quero advertirlles que si as historias que aqui vou contar non lles gustan, non se preocupen demasiado. Eu tamén son deses que teño outras. Estou modernizándome moito.

Esto ven a conto porque un servidor estivo resolvendo o mundo nun bar, neste caso cuns cantos amigos. Amigos que tamén se fan incluso exercendo en política. Desos que aínda quedan, bos e xenerosos, por raro que poida parecer.

Aquel dia, entre leria e leria e nun abrir e pechar de ollos, pasouse a falar de política internacional; porque hai que decilo claro: cando un se pon a resolver o mundo non se pode andar polas ramas nin con menudencias. Hai que ir ao grande, nada de caralladas. Así é como saiu á palestra o personaxe polifacético e político alemán de nome Otto Eduard Leopold von Bismarck-Schönhausen, que para non complicarnos moito a vida e mais que nada por mín á hora de ter que teclealo de novo, imos chamarlle Von Bismarck que ademáis queda así como mais familiar.

Este personaxe de finais do s. XIX, percusor do estado alemán moderno, otórgaselle a autoría dunha expresión que ten certa “chicha”, a cal escrita queda así: "Estoy firmemente convencido de que España es el país más fuerte del mundo. Lleva siglos queriendo destruirse a sí mismo y todavía no lo ha conseguido."

Esta perla espetoulla, ao parecer, a un alto cargo do goberno español que o visitaba oficialmente, a cal vista así a bote pronto parece non ter desperdicio. Analizando o piropo en cuestión ata case dá a sensación de que este home xa sabía algo de nos, o cal de por si xa ten moitísimo mérito.


Houbo división de opinións, como cando había corridas de touros, pero chegouse á conclusión de que si este home vivira hoxe, e no caso de poñerse a resolver o mundo nun bar con un amigo, sería dos que o faría tomando unha cervexa. Marcharía escopetado para o seu país morto de envexa ao comprobar como, sin darnos nin a mais mínima importancia, somos os melloriños en apagar lumes e abraiado pola capacidade que temos de esquecer todo, incluso o que aconteceu hai nada de tempo, haxa lumes ou non e sin queimarnos nada!




AQUI para ver o contido na páxina web de El Entorno Metropolitano


E como previsiblemente os contos que aquí vou contar van seguir por algún tempo, pois intentarei actualizar este apartado de forma oportuna.


OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR: