Translate - Traductor

jueves, 11 de agosto de 2016

CRENDES, PARROQUIA PIONERA DE FUTBOL FEMENINO EN LA COMARCA DE "AS MARIÑAS" -- # -- CRENDES, PARROQUIA PIONEIRA DO FUTBOL FEMININO NA COMARCA DE "AS MARIÑAS"

CRENDES, parroquia pionera del fútbol femenino en la comarca de "As Mariñas"


CRENDES, parroquia pioneira do fútbol feminino na comarca de "As Mariñas"








El sábado 2 de julio de 2016 se rememoró un acontecimiento deportivo en la parroquia de Crendes, una de las 19 que conforman el muncipio coruñés de Abegondo; al objeto de recordar aquel 5 de mayo de 1963 cuando se celebra por primera vez un partido de fútbol femenino entre solteras y casadas, todas ellas vecinas de la localidad de Crendes.


O sábado 2 de xullo de 2016 rememorouse un acontecemento deportivo na parroquia de Crendes, unha das 19 que conforman o muncipio coruñés de Abegondo; ao obxecto de lembrar aquel 5 de maio de 1963 cando se celebra por primeira vez un partido de fútbol feminino entre solteiras e casadas, todas elas veciñas da localidade de Crendes.





Cartel conmemorativo da homenaxe ás mulleres futbolistas de Crendes (*)



Pasillo de honra no partido de homenaxe  (*)


O domingo 26 de marzo de 2017 a Televisión de Galicia emitiu unha reportaxe titulada "MATRIARCAS" que trata a historia do equipo femenino de fútbol de Crendes.

Pcando aqui ENLACE á emisión da TVG "Matriarcas", futbol feminino pioneiro de Crendes




Ese fue el fundamento del evento celebrado en el campo de fútbol coincidiendo con las fiestas locales que se celebran en la honra del patrón San Pedro; motivo por el cual un grupo de vecinos, encabezados por Orlando Iglesias y la “Sociedad Católica, Cultural y Recreativa de Crendes” colaboraron en el empeño de homenajear merecidamente a este grupo de mujeres y a todas las personas que de una forma u otra fomentaron e incentivaron esta iniciativa deportiva por aquellos años, perdurando a lo largo de toda una década esta actividad por distintos campos de la comarca de As Mariñas y la provincia de A Coruña.

Ese foi o fundamento do evento celebrado no campo de fútbol coincidindo coas festas locais que se celebran na honra do patrón San Pedro; motivo polo cal un grupo de veciños, encabezados por Orlando Iglesias e a “Sociedade Católica, Cultural e Recreativa de Crendes” colaboraron no empeño de homenaxear merecidamente a este grupo de mulleres e a todas as persoas que dunha forma ou outra fomentaron e incentivaron esta iniciativa deportiva por aqueles anos, perdurando ao longo de toda unha década esta actividade por distintos campos da comarca das Mariñas e a provincia da Coruña.


La cita del 2 de julio de 2016 consiguió reunir un total de cuatro generaciones a partir de aquellas futbolistas, rememorando en un emotivo acto al grupo de mujeres que consiguieron llevar a cabo uno de sus sueños, jugar al fútbol.


A cita do 2 de xullo de 2016 conseguiu reunir un total de catro xeracións a partir daquelas futbolistas, rememorando nun emotivo acto ao grupo de mulleres que conseguiron levar a cabo uno dos seus soños, xogar ao fútbol.




Xogadoras do equipo femenino do ano 1963 co Presidente ao frente  (*)



A familia Taibo Tasende xunto con Orlando Iglesias (á dereita).  (*)




Los preparativos fueron arduos y llenos de ilusión, involucrándose muchas personas para que el evento fuese un éxito. Por supuesto que las más veteranas, las verdaderas protagonistas de esta emotiva historia, fueron las primeras en ese compromiso.


Os preparativos foron arduos e cheos de ilusión, involucrándose moitas persoas para que o evento fose un éxito. Por suposto que as máis veteranas, as verdadeiras protagonistas desta emotiva historia, foron as primeiras nese compromiso.







UN POCO DE HISTORIA SOBRE EL EQUIPO DE FUTBOL FEMENINO DE CRENDES.
Corría el año 1963 cuando en España comenzaba a revivir lentamente de pesados y duros años de la postguerra; en una Galicia rural inmersa en un contínuo e incansable pérdida de población, ese goteo incesante como fue la emigración. Quedaban atrás los años de hacer las maletas rumbo a Venezuela, Brasil o Argentina. Aquellos años se abrían las puertas a los hombres y mujeres de Galicia en países más cercanos, los de la Europa occidental, especialmente Suiza, Alemania, Francia e Inglaterra. Los que se quedaban aquí comenzaban a disfrutar de forma lenta y paulatina de avances tecnológicos de la época, como era el caso de disponer de corriente eléctrica en sus domicilios aún cuando la televisión todavía era un artículo de lujo y sólo al alcance de unos pocos. La vida cotidiana discurría en las duras labores del campo; cuando el deporte del fútbol era practicado sólo por unos pocos y de forma esporádica, coincidiendo primordialmente con las fiestas en las parroquias, siendo hasta aquel momento “cosa de hombres”.

UN POUCO DE HISTORIA SOBRE O EQUIPO DE FUTBOL FEMININO DE CRENDES.
Corría o ano 1963 cando en España comezaba a revivir lentamente de pesados e duros anos da postguerra; nunha Galicia rural inmersa nun contínuo e incansable perda de poboación, ese goteo incesante como foi a emigración. Quedaban atrás os anos de facer as maletas rumbo a Venezuela, Brasil ou Arxentina. Aqueles anos abríanse as portas aos homes e mulleres de Galicia en países máis próximos, os da Europa occidental, especialmente Suíza, Alemaña, Francia e Inglaterra. Os que quedaban aquí comezaban a gozar de forma lenta e paulatina de avances tecnolóxicos da época, como era o caso de dispor de corrente eléctrica nos seus domicilios aínda cando a televisión aínda era un artigo de luxo e só ao alcance duns poucos. A vida cotiá discorría nos duros labores do campo; cando o deporte do fútbol era practicado só por uns poucos e de forma esporádica, coincidindo primordialmente coas festas nas parroquias, sendo ata aquel momento “cosa de homes”.


Pero en Crendes buena parte de sus habitantes quisieron que las cosas discurrieran de forma diferente. Había un grupo de mujeres que estaban dispuestas a tener la posibilidad de disfrutar “su” partido de fútbol. Como era habitual en estos menesteres, qué mejor que un duelo entre solteras y casadas.

Pero en Crendes boa parte dos seus habitantes quixeron que as cousas discorresen de forma diferente. Había un grupo de mulleres que estaban dispostas a ter a posibilidade de gozar “o seu” partido de fútbol. Como era habitual nestes mesteres, que mellor que un duelo entre solteiras e casadas.



Para la ocasión contaron con el apoyo importante de la Sociedad Católica, Cultural y Recreativa de Crendes, con su presidente del momento, José Carro para que la idea llegara a buen puerto. Y dicho y hecho.

Para a ocasión contaron co apoio importante da Sociedade Católica, Cultural e Recreativa de Crendes, co seu presidente do momento, José Carro para que a idea chegase a bo porto. Dito e feito.




LLEGO EL GRAN DIA. 5 DE MAYO DE 1963
Su primer partido lo disputaron en el campo de fútbol de Crendes el 5 de mayo de 1963, no sin antes realizar arduos trabajos de acondicionamiento de la instalación deportiva del momento, rebajando a base de pico y pala, para disputar su primer partido de fútbol en el que evidentemente no había vestuarios ni agua corriente. El resultado de aquel primer encuentro entre solteras y casadas finalizó con el resultado de empate a cero.

CHEGOU O GRAN DIA. 5 DE MAIO DE 1963

O seu primeiro partido disputárono no campo de fútbol de Crendes o 5 de maio de 1963, non sen antes realizar arduos traballos de acondicionamento da instalación deportiva do momento, rebaixando a base de pico e pa, para disputar o seu primeiro partido de fútbol no que evidentemente non había vestiarios nin auga corrente. O resultado daquel primeiro encontro entre solteiras e casadas finalizou co resultado de empate a cero.



Fotografías publicadas en el libro "Abegondo un curruncho das Mariñas"





Pero aquello no era cosa pasajera. Las mujeres futbolistas quisieron repetir su experiencia y el motivo no era en vano. Querían rendir un homenaje a una de las compañeras (Maruja Cañás) que en el primer partido sufrió una lesión de tibia, para lo cual lograron ponerse en contacto con otro equipo femenino, logrando así que la parroquia de Crendes se pusiese en la vanguardia de fútbol femenino al menos en la comarca de As Mariñas.


Pero aquilo non era cousa pasaxeira. As mulleres futbolistas quixeron repetir a súa experiencia e o motivo non era en balde. Querían render unha homenaxe a unha das compañeiras (Maruja Cañás) que no primeiro partido sufriu unha lesión de tibia, para o que lograron poñerse en contacto con outro equipo feminino, logrando así que a parroquia de Crendes se pusexe na vangarda de fútbol feminino polo menos na comarca das Mariñas.


Formación dos dous equipos no segundo dos partidos (*)



O presidente José Carro facéndolle entrega dun agasallo
á lesionada Maruja Cañás
. (*)

Maruja Cañás, lesionada no primeiro partido
rodeada de compañeiras   (*)



Outro momento do segundo partido celebrado en Crendes (*)



EL CRENDES EN LAS FIESTAS DE BETANZOS.
Durante el resto de la década de los años 60 el equipo femenino de fútbol de Crendes disputa distintos encuentros, entre los que cabe destacar los celebrados en Betanzos, coincidiendo con las fiestas del San Roque, compitiendo con las jugadoras del Eirís. El evento despertó un inusitado interés, tanto que los organizadores fijaron el precio de la entrada para ver a las féminas futboleras en la nada despreciable cantidad de 15 pesetas de la época. El reclamo que en aquellos años tenía el fútbol femenino era tan evidente como lo era la perplejidad que debía despertar en los responsables de la Federación de Fútbol que no veían con buenos ojos precisamente este tipo de eventos.

O CRENDES NAS FESTAS DE BETANZOS.
Durante o resto da década dos anos 60 o equipo feminino de fútbol de Crendes disputa distintos encontros, entre os que cabe destacar os celebrados en Betanzos, coincidindo coas festas do San Roque, competindo coas xogadoras do Eirís. O evento espertou un inusitado interese, tanto que os organizadores fixaron o prezo da entrada para ver ás mulleres futboleiras na nada despreciable cantidade de 15 pesetas da época. O reclamo que naqueles anos tiña o fútbol feminino era tan evidente como o era a perplexidade que debía espertar nos responsables da Federación de Fútbol que non vían con bos ollos precisamente este tipo de eventos.


Es hasta el año 1973 en que el equipo femenino de fútbol de Crendes disputa encuentros por  diferentes puntos de la geografía de la provincia de A Coruña como Elviña, Betanzos, Bribes o Pontedeume.


É ata o ano 1973 en que o equipo feminino de fútbol de Crendes disputa encontros por diferentes  puntos da xeografía da provincia da Coruña como Elviña, Betanzos, Bribes ou Pontedeume.





Foto na prensa sobre o partido de fútbol celebrado nas festas de Betanzos   (*)





Comentarios sobre el partido de fútbol femenino celebrado en
Betanzos entre el Crendes y el Eirís.   (*)






En el libro "Abegondo un curruncho das Mariñas" se recogen datos del equipo femenino de fútbol de Crendes y de la Asociación Católica, Cultural y Recreativa de Crendes.
Aquí la relación de las jugadoras:

No libro "Abegondo un curruncho das Mariñas" recóllense datos do equipo feminino de fútbol de Crendes e da Asociación Católica, Cultural e Recreativa de Crendes.
Aquí a relación das xogadoras:



Carmen Rodríguez, Leonor Lamas, Pilar Gómez, Antoñita Barral, Herminia Mirás, Maruja Caamaño, Neluca Cañás, Socorro Barbeito, Charito Camba, Aurora Barreiro, Lolita Gómez, Fina Fariña, Mucha Santos, Marilola Cacheiro, Mª Jesús Gómez, Esther Gómez, Gelines Santos, Esther Pérez, Manolita Marzoa, Maribel Edreira, Dorinda Edreira, Carmen Barral y Maruja Cañás, esta última con rotura de tibia incluída en el primer partido disputado.



publicado en "Abegondo un curruncho das Mariñas"


publicado en "Abegondo un curruncho das Mariñas"




El referente en la parroquia de Crendes: La “Asociación Católica, Cultural y Recreativa de Crendes”

O referente na parroquia de Crendes: A “Asociación Católica, Cultural e Recreativa de Crendes


Una de las referencias sociales y culturales de la parroquia de Crendes y del propio municipio de Abegondo es sin lugar a dudas la denominada “Asociación Católica Cultural y Recreativa de Crendes”. Se determina su constitución en el año 1951 destacando sus múltiples y variadas actividades de tipo cultural y deportivo. Además de celebrar las fiestas patronales logra acometer obras de construcción de un parque. Se fusiona a la asociación de “asistencia Mútua”, un seguro colectivo de decesos para los asociados, iniciativas pioneras de la época que aún hoy en día pocas parroquias pueden ofrecer iniciativas de este calibre o similares.

Unha das referencias sociais e culturais da parroquia de Crendes e do propio municipio de Abegondo é sen dúbida a denominada “Asociación Católica Cultural e Recreativa de Crendes”. Determínase a súa constitución no ano 1951 destacando os seus múltiples e variadas actividades de tipo cultural e deportivo. Ademais de celebrar as festas patronais logra acometer obras de construción dun parque. Fusiónase á asociación de “asistencia Mútua”, un seguro colectivo de decesos para os asociados, iniciativas pioneiras da época que aínda hoxe en día poucas parroquias poden ofrecer iniciativas deste calibre ou similares.



Directa da Asociación Catálica, Cultural e Recreativa de Crendes
no Salón. Diante, á esquerda, o presdente José Carro
.  (*)





GRAN COBERTURA DEL EVENTO POR DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
Distintos medios de comunicación se dieron cita al evento en el campo de fútbol de Crendes. Previamente ya dieron cuenta de esta iniciativa avanzando el evento y la celebración del homenaje, tanto en medios escritos como la radio y televisión, lo que provocó que el interés y el entusiasmo de toda la parroquia fuera presagiando un gran acontecimiento para el sábado 2 de julio de 2016.

GRAN COBERTURA DO EVENTO POR DISTINTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Distintos medios de comunicación déronse cita ao evento no campo de fútbol de Crendes. Previamente xa deron conta desta iniciativa avanzando o evento e a celebración da homenaxe, tanto en medios escritos como a radio e televisión, o que provocou que o interese e o entusiasmo de toda a parroquia fose presaxiando un gran acontecemento para o sábado 2 de xullo de 2016


Vídeo de noticia en T5 sobre o evento deportivo:







 

Porada de "La Voz de Galicia" do domingo 26 de xuño de 2016 na que recolle con
foto incluída o evento deportivo a celebrar o 2 de xullo.  (*)


La Voz de Galicia, domingo 26 de xuño de 2016  (*)




DxT Campeon do 4 de xullo de 2016  (*)



Vídeo no que se mostra o momento do inicio da homenaxe:






La Voz de Galicia 4 de xullo de 2016  (*)

La Voz de Galicia 4 de xullo de 2016  (*)




También en el blog de Carolina Regueira se recogen datos del evento deportivo en una publicación titulada "Crendes, una aldea de mujeres valientes".  

Tamén no blog de Carolina Regueira recóllense datos do evento deportivo nunha publicación titulada "Crendes, una aldea de mujeres valientes"


(para acceder ao blog PINCHAR AQUI).



LOS PREPARATIVOS
Para que la celebración fuese una auténtica fiesta fue necesario contar con el beneplácito de las protagonistas, consiguiendo involucrar al resto de féminas de la parroquia que estuviesen dispuestas a participar en un partido entre solteras y casadas en homenaje a las del año 1963. Y la cosa funcionó. Tanto que en días previos hubo entrenamientos tanto de un equipo como de otro con la asistencia de alguna superveterana, como fue el caso de Herminia con sus 92 años.

OS PREPARATIVOS

Para que a celebración fose unha auténtica festa foi necesario contar co beneplácito das protagonistas, conseguindo involucrar ao resto de mulleres da parroquia que estivesen dispostas a participar nun partido entre solteiras e casadas en homenaxe ás do ano 1963. E a cousa funcionou. Tanto que en días previos houbo adestramentos tanto dun equipo como doutro coa asistencia dalgunha superveterana, como foi o caso de Herminia cos seus 92 anos.



Fotos de los días previos al partido de homenaje:
Fotos dos días previos ao partido de homenaxe:













Días previos nos que se celebraron adestramentos
coa presenza de medios de comuniación, público
e incluso dalgunha super-veterana   (*)




LLEGO EL DIA. 2 DE JULIO DE 2016. EL DIA DEL HOMENAJE
Todo listo para la gran cita. Cuatro generaciones. Las futbolistas del año 1963, hijas, nietas e incluso bisnietas y por supuesto el gran público que aguarda con expectación. El otro gran protagonista fue José Carro, presidente en el año 1963 de la “Asociación Católica Cultural y Recreativa de Crendes” al que también se le quiso reconocer su labor. Fueron entregadas placas conmemorativas a las veteranas jugadoras del 63 y al presidente de la asociación, recordando al propio tiempo a las que ya no estaban.

CHEGOU O DIA. 2 DE XULLO DE 2016. O DIA DA HOMENAXE

Todo listo para a gran cita. Catro xeracións. As futbolistas do ano 1963, fillas, netas e mesmo bisnetas e por suposto o gran público que agarda con expectación. O outro gran protagonista foi José Carro, presidente no ano 1963 da “Asociación Católica Cultural e Recreativa de Crendes” ao que tamén se lle quixo recoñecer o seu labor. Foron entregadas placas conmemorativas ás veteranas xogadoras do 63 e ao presidente da asociación, lembrando ao propio tempo ás que xa non estaban.




Como colofón a la jornada deportiva-festiva se celebró un encuentro entre solteras y casadas, reuniendo 20 jugadoras y 2 entrenadores cada bando. Para darle una mayor formalidad el encuentro fue dirigido por Eugenia Gil Soriano del Colegio Gallego joven promesa del arbitraje. El resultado final fue de 3-1 a favor de las solteras; aunque claramente en esa jornada quien ganó fue Crendes, el fútbol y la amistad.


Como colofón á xornada deportiva-festiva celebrouse un encontro entre solteiras e casadas, reunindo 20 xogadoras e 2 adestradores cada bando. Para darlle unha maior formalidade o encontro foi dirixido por Eugenia Gil Soriano do Colexio Galego nova promesa da arbitraxe. O resultado final foi de 3-1 a favor das solteiras; aínda que claramente nesa xornada quen gañou foi Crendes, o fútbol e a amizade.



Nos actos de homenaxe figurou un recordo ás xogadoras ausentes  (*)



Antes do partido foi entregado un obsequio a cada unha das xogadoras veteranas
 e ao presidente da asociación (*).



Vídeo que mostra o inicio da homenaxe do domingo 2 de xullo de 2016





Eugenia Gil foi a encargada de dirixir o partido de homenaxe  (*)



Al partido de homenaje acudieron como público las veteranas:

Ao partido de homenaxe acudiron como público as veteranas:

Herminia Mirás, Leonor Lamas, Lourdes Lendoiro, Socorro Barbeito, Maria Cañás, Fina Teijo, Mª Carmen Caamaño, Gelines Santos, Mª del Carmen Santos, Mª Jesús Gómez, Antonia Loureda, Charito Camba, Olga Camba, Angeles Carro, Manola Gómez, Maria Tasende, Cloti Rodríguez, Manuela Loureda, Carmen Facal, Antonia barral, Dora Edreira, Mari Lola Cacheiro e o presidente da asociación José María Carro.




Instantáneas do partido:














Así estaba o ambiente no momento da disputa entre solteiras e casadas vs 2016






E á noite un momento de agradecementos para tod@s, en especial á xogadora Alba Taibo Tasende á que se lle fai entrega dun balón asinado polas veteranas do Crendes.








Alba e Ana Taibo son as unicas rapazas que xogan ao fútbol na actualidade, sendo Alba a que se iniciou primeiro neste deporte hai xa case dez anos.



As fotos nas que aparecen marcadas con asterisco  (*)  foron cedidas por Orlando Iglesias.


Sería pola miña parte moi pouco agradecido non recoñecer públicamente que este traballo sen á aportación e a colaboración de ORLANDO IGLESIAS non sería posible, polo que inevitablmente aquí deixo o meu agradecemento persoal por aportar a meirande parte do aquí públicado e seguir contribuindo a que precisamente estas cousas sigan tendo o valor que teñen.







Otras curiosidades de la parroquia de Crendes (recogidas en el libro "Abegondo un curruncho das Mariñas", publicado en el año 1996:


Outras curiosidades da parroquia de Crendes (recollidas no libro "Abegondo un curruncho das Mariñas", publicado no ano 1996:



En 1842 la parroquia de Crendes, junto con las de Orto, Meangos, Cos y Limiñón pasaban a formar parte del Ayuntamiento de Betanzos, conforme a un debate se que producía en la Diputación Provincial de A Coruña el 5 de abril de 1842. Las restantes parroquias del municipio de Abegondo pasaban a formar parte del de Cerneda. (X. Fariña Jamardo en “Os Concellos Galegos”, parte especial, pág. 45).

En 1842 a parroquia de Crendes, xunto coas de Orto, Meangos, Cos e Limiñón pasaban a formar parte do Concello de Betanzos, conforme un debate que se producía na Deputación provincial da Coruña o 5 de abril de 1842. As restantes parroquias do municipio de Abegondo pasaban a formar parte do de Cerneda. (X. Fariña Jamardo en “Os Concellos Galegos”, parte especial, páx. 45).



En noviembre de 1850 el Ayuntamiento de Abegondo saca a pública subasta las obras necesarias para la construcción del puente “Porto-ancho”, situado en el río Mero entre las parroquias de Crendes y Piadela (BOP 11-XI-1850).

En novembro de 1850 o Concello de Abegondo saca a poxa as obras necesarias para a construción da ponte “Porto-ancho”, situada no río Mero entre as parroquias de Crendes e Piadela (BOP 11-XI-1850).




El 1 de diciembre de 1910 comienzan los trámites para fundar en la parroquia de Crendes la Sociedad de Seguros “La Ganadera”. En alguno de los documentos consta como fecha oficial de su constitución el día 30 de abril de 1911 (BOP 15-XII-1924  pág: 1124)

O 1 de decembro de 1910 comezan os trámites para fundar na parroquia de Crendes a Sociedade de Seguros “A Gandeira”. Nalgún dos documentos consta como data oficial da súa constitución o día 30 de abril de 1911 (BOP 15-XII-1924  pág: 1124)




El 6 de setiembre de 1918 se funda el denominado “Sindicato Católico Agrario” en la parroquia de Crendes. (BOP 15-XII-1924;  pág: 1124)

O 6 de setiembre de 1918 fúndase o denominado “Sindicato Católico Agrario” na parroquia de Crendes. (BOP 15-XII-1924;  pág: 1124)




El 8 de octubre de 1935 se funda “Izquierda Republicana” con domicilio social en Agrolongo-Crendes, presidida por José Bello Pérez. (ARG G-1823)

O 8 de outubro de 1935 fúndase “Esquerda Republicana” con domicilio social en Agrolongo-Crendes, presidida por José Bello Pérez. (ARG G-1823)



El 11 de diciembre de 1964 se anuncian los trabajos de investigación de propietarios en la zona de Crendes para la Concentración Parcelaria. (BOP 11-XII-1964)

O 11 de decembro de 1964 anúncianse os traballos de investigación de propietarios na zona de Crendes para a Concentración Parcelaria. (BOP 11-XII-1964)




Crendes tiene dos edificaciones civiles significativas, la denominada “Pazo de San Pedro de Crendes” y el “Pazo de Macenda” que entre sus moradores figura Joaquín Arias Sanjurjo, vinculado al regionalismo, participando activamente a principios del siglo XX en el movimiento político denominado “Solidaridad Gallega”.

Crendes ten dúas edificacións civís significativas, o denominada “Pazo de San Pedro de Crendes” e o “Pazo de Macenda” que entre os seus moradores figura Joaquín Arias Sanjurjo, vinculado ao regionalismo, participando activamente a principios do século XX no movemento político denominado “Solidariedade Galega”.





OUTROS ENLACES QUE LLE PODEN INTERESAR: (para acceder á información picar encima deles):