martes, 5 de diciembre de 2017

Algo está cambiando en Galicia mais non podo dicir que desta auga non beberei.

Algo está cambiando en Galicia mais non podo dicir que desta auga non beberei. 
Non é cuestión do carallo 29, o carallo neste momento é que non chove.








Algo está cambiando en Galicia mais non podo dicir que desta auga non beberei. 

Non é cuestión do carallo 29, o carallo neste momento é que non chove.


Efectivamente, algo está cambiando en Galicia e aqui mais de catro estamos facéndonos o sueco así como quén non quere a cousa.

E vou intentar aclarar semellante aseveración.

Pois sí, eu neste momento non podo dicir que desta auga non beberei porque tal como vai a cousa xa nunca se sabe, e se cadra, indo un pouco mais aló xa case dan ganas de dicir como aquel home que estando con outro lle dí:  "mira, se queres que che diga a verdade mentiríache".






Pero o que resulta xa un pouco mosqueante é que a estas alturas do ano (principios de decembro de 2017) esto empeza a preocupar ao personal. Xa case non se fala doutra cousa nas tabernas, nos ascensores, á hora de fumar o pitillo nun recuncho e así en todos os lados. O tema é que non chove nin parece que vaia chover.

As noticias estánnos alertando dun feito sin precedentes, salvo erro ou omisión. Así temos como que un concello como de Irixoa, na parte alta da provincia de A Coruña xa ten restricións de auga á poboación nas horas centrais do día, cando ainda non hai tanto tempo, como en calquer curruncho de Galicia, aínda se ía pola auga de beber e de facer o caldo cun caldeiro á fonte do rueiro.







Ou mesmo Vigo que a cousa de seguir así ainda haberá que afeitarse con gaseosa como se facía hai anos cando a un lle tocaba ir facer a mili ao norte de África.





Por eso que en estos momentos xa empezo a pensar, mirando así ao lonxe para o Atlántico e cos brazos en xerra, aquel dito dos vellos de que "non digas desta auga non beberei" .

A este paso xa temos que ir familiarizándonos con palabras como trasvase, acueducto, tuberías de alta presión, desaladoras e outras polo estilo.

Para ir vendo como xa vai a cousa de quitarlle o sal ao mar, podemos corroborar que non é cousa de sitios do lonxano Oriente. Xa temos desaladoras a pouco que pasamos Pedrafita para o lado de aló. (Aquí un enlace á ubicación das desaladoras que hai en España en estos momentos  --->   mapa de desaladoras en España )

As infraestructuras públicas e privadas a este paso nun futuro non moi lonxano veremolas de tal calibre como o trasvasamento de agua do Eume para o Mero, ou do Tambre para o Xallas o mesmo do Lérez para o Verdugo..., e se hai que mandala tamén para o Anllóns, pois tamén se manda!!!  Os encoros ademais de ser de espazo de lecer, de lanchitas e cousas así serán parte de programas de equidade territorial. As sendas peonís quedarán nun segundo plano á hora de repetir e repetir mais do mesmo e un ano tras outro cartos que hai que gastar, e tal....

En definitiva que hai que ir indo coas modas.






E así as cousas con tanto tempo de sol (de bó tempo como se lle chama) pois as nosas vidas van e seguirán cambiando e incluso os peixes estarán encantados, sairán a tomar o sol tan pronto como teñan a oportunidade.





O turismo de cruceiros (ver a historia do barco de lujo) xa non vai ser eso de chegar pola mañán cedo e a eso das 5 da tarde marchar para outro porto. Nada deso. O turismo cambiará radicalmente. Tanto vai ser que os que cheguen en barco, ou tren, ou en autobús ou mesmo en avión, permanecerán cando menos duas semaniñas apostados nas cálidas praias de Galicia, percorrendo cada curruncho. Cando se poñan a papear todo o que temos por aquí empezarán a lamber tanto o bico que mais de catro empezarán a entender aquelo de que coas cousas de comer non se xoga.  Van saber o que é o churrasco dunha vez. Eso sí, aos que se lles acorra facer balconing e caralladas dese calibre ao que están expostos e a caer no medio dunha toxeira, e aí si que van saber o que vale un peine.











Os cambios xa están con nos. O das velutinas xa pode ser un síntoma, mais as hortas xa estarán ateigadas de mamóns ou mesmo de alquenquenjes e o dos piñeiros e eucaliptos pasarán a mellor historia xa que as palmeias serán o noso novo icono forestal.






Novos tempos nos agardan pois. Se ben é certo que os galegos podemos fardar de ter o auténtico carallo 29 non é menos certo que estase facendo realidade aquel dito que comentaba un paisano que falaba a mazo, pero eso sí, nada mais que cando se pon, que "o carallo é o tempo que escaralla o tempo", e se non ao tempo.



Xa imos vendo. Hai que ir actualizándose aos tempos. Hai que ir pensando en cambiar o fondo de armario e ir tendo en conta Que non mal que por ben non veña. Tanto é así que non se cansa de repetilo o paisano que fala a mazo, e non facerlle moito caso a aqueles, que sempre quedan que pensan que cousa está pasando de marrón oscuro...., e tal.