Translate - Traductor

jueves, 23 de mayo de 2013

CRUCEIRO DE ABEGONDO - "OS CRUCEIROS BONITOS" - Abegondo (A Coruña).- PEZA UNICA EN GALICIA - ARQUITECTURA RELIXIOSA DE GALICIA

CRUCEIRO DE ABEGONDO
"OS CRUCEIROS BONITOS"
Abegondo

PEZA UNICA EN GALICIA
(Arquitectura relixiosa de Galicia)







Localización

Parroquia: Abegondo

Concello: Abegondo

Provincia: A Coruña



“OS CRUCEIROS BONITOS”.- Cruceiro situado na parroquia e concello de ABEGONDO  (A Coruña).




"Os Cruceiros Bonitos" nunha foto dos ano 80.



"Os Cruceiros Bonitos". Abegondo



Data a súa construcción de 1787, según unha inscripción. Situado á beira da estrada de Betanzos ó Mesón do Bento, moi preto da igrexa parroquial de Abegondo.

Inicialmente estaba situado a uns metros mais abaixo no camino cara a Calvelos e Cabanas, no tramo do antigo Camiño de Compostela, ata que no ano 1913 se trasladou á ubicación actual, ó lado da estrada de Betanzos a Mesón do Vento, frente á igrexa parroquial de Abegondo.

Está construido en pedra e ferro. Consta de cinco columnas que saen da prataforma rectangular, catro en cada esquina e unha central, de maior altura. Nelas figuran as imaxes de Sto. Pedro, Sto. Francisco, Madalena e Sto. Xoán. Na columna central Cristo crucificado e a Virxe Dorosa coas mans xuntas e espada cravada.


Vídeo dedicado aos "Cruceiros Bonitos" de Abegondo




Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo.- Detalle da parte frontal.



Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo.- "Peto de Animas".



As catro columnas quedan atadas con cintas de ferro á columna central.



Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo.- As catro figuras en cada unha das columnas.



Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo.-
Detalle da Cruz con Cristo Crucificado.



Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo
Detalle da Cruz.- Virxen Dorosa

Este Cruceiro está considerado como peza única en toda Galicia, e semella pola súa feitura a outras existentes na zona da Bretaña francesa.

Portada representativa dos Cruceiros Bonitos
do libro "Lembranzas" do abegondés Pedro A. Barros Pedreira



Os Cruceiros Bonitos.- Abegondo


Lenzo dos "Cruceiros Bonitos"


Como curiosidade, indicar que aló polo ano 1957, o alcalde da cidade de A Coruña, Alfonso Molina Brandao intentou levar este cruceiro para a capital, pero diante da negativa dos veciños de Abegondo optou por encargar  outro moi semellante que hoxe en día pódese ver no adro da igrexa de S. Xurxo, ó lado do Pazo Municipal de María Pita.

Replica de OS CRUCEIROS BONITOS entre a Igrexa de San Xurxo e o
Pazo Municipal de Maria Pita, que mandou construir
o alcalde da cidade, Alfonso Molina.



Réplica de "OS CRUCEIROS BONITOS" situada na Igrexa de San Xurxo
da cidade de A Coruña



Plano de situación da parroquia de Abegondo




A información desta publicación é un extracto do publicado en "Abegondo un curruncho das Mariñas", de X.X. Rocha Carro